sábado, 17 de decembro de 2011

BO COMEZO DA TEMPADA 2012 PARA C.D.PINARIUM TRAS UN 3º POSTO DE DIEGO GONZALEZ MARTINEZ NA " I Carreira Solidaria Nocturna Bembrive "

Despois de varias carreiras por toda a xeografía Galega (Lestrove, Vigo + 11, Media Marathon de Pontevedra, Pedestre de Santiago, San Martiño de Ourense, San Martiño de Bueu) e menos de 2 meses de competicións nesta tempada na que os integrantes de CLUB DEPORTIVO PINARIUM estiveron representando en gran número a dito club, este fin de semana acadouse o primeiro podium da tempada na I CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE (VIGO) por parte de Diego González Martínez.
                                 
Integrantes do C.D Pinarium na pedestre de Santiago 2011

A Carreira tivo moi bo ambiente e gran participación, na que primaba o fin benéfico da mesma, que no era outro que axudar aos máis necesitados cun kg de alimento a entregar coa inscripción.

Este éxito de CLUB DEPORTIVO PINARIUM chega antes do esperado, e antes do primeiro podium acadado na tempada pasada 2011 na IV Carreira Popular Mar de Boiro, polo que a previsión para este ano augura mellores resultados.

E de destacar tamén o gran número de corredores do club que este ano están disputando o KM PINARIUM e dende a Xunta Directiva anímase a que máis xente loite polo codiciado trofeo da PINGA, que se dará o corredor que acumule máis Kms en carreiras representando a dito club.

Por outro lado, destacar que este ano se prevee crear as seccions de TRIATLÓN e DUATLÓN dentro de C.D.PINARIUM. nas que xa temos a varios integrantes entrenando, cada quen para acadar os seus obxectivos persoais e do propio club . Se queredes contactar con nos para formar parte do club en ditas disciplinas ou nas xa existentes, podedes facelo na dirección de correo diego.gonzalez@pinarium.com

Un saudo!