martes, 20 de agosto de 2013

Varios trofeos para Club Deportivo Pinarium en Cuntis

Nunha tarde de moito calor como case tódolos anos polo mes de Agosto, varios integrantes de Club Deportivos Pinarium se deron cita na Maraton San Antón de Cuntis para percorrer unha distancia de 6,4 kms e na que varios foron os integrantes do club que veron recompensado o seu esforzo con trofeos nos que a organización non escatimou gastos. Así foron quen de recoller trofeo José Omil e Ramón Silva en categoría Senior, Juanjo Fernandez en categoría promesa e Silvia Omil en categoría de féminas ¡¡¡Noraboa a todos ¡¡¡

Club Deportivo Pinarium pintou de verde as ruas de Bueu no III Memorial Paco Cabanillas

Nunha boa noite de mércores víspera de festivo, Club Deportivo Pinarium segue a facer historia en canto a número de participantes e resultados se refire nas carreiras que se están a diputar por toda a xeografía nacional. Así, foi quen de reunir a preto de 40 atletas que se deron cita para participar nas probas de velocidade na rúa 80 e 100 metros, nas que a nosa nova fichaxe, a portuguesa Eduarda de Sousa Vieira Mendes acadou a victoria en categoría femenina na carreira dos 80 mts, cun tempo de 11"40. Por outra banda, e xa preto das 23:00 tivo lugar a carreira de 10 km na que Lucas Escaneo, Diego González e Miguel Angel Piñeiro se meteron entre os dez primeiros da xeral absoluta.

martes, 6 de agosto de 2013

IMPRESIONANTE PARTICIPACIÓN DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NA II EDICION DA CARREIRA +10 MARIN-MANUEL ROSALES

Incrible o vivido o pasado venres 2 de Agosto na II edición da carreira +10 Marin - Manuel Rosales, pois preto de 40 corredores pertenecentes a Club Deportivo Pinarium participaron nesta proba enchendo de verde as rúas de Marín. Con esta tremenda participación, o noso club foi o 1º en número de participación destacando que moitos deles melloraron as súas marcas persoais, así como destacar os podiums de Iago Morenza (1º Promesa) e Silvia Omil (1ª corredora do concello de Marín). ¡¡¡ Noraboa a todos ¡¡¡

Club Deportivo Pinarium consegue un meritorio podium na I carreira popular Tomiño 2013

Muguel A. Piñeiro consegueu o pasado fin de semana un meritorio 1º posto en categoría Veteranos e 3º na xeral absoluta na carreira I Carreira Popular Tomiño 2013. Despois de dúas semanas nas que una lesión o tivo apartado da competición, Miguel foi quen de reaparecer cun moi bo nivel acadando outro podium para Club Deportivo Pinarium e para a súa conta particular.