sábado, 4 de xaneiro de 2014

Podium absoluto de Diego González para Club Deportivo Pinarium na VIII Subida ao Castro de Vigo

O pasado domingo, día 15, o C.D. Pinarium acadou dous novos podios na VIII Subida Castro de Vigo, con Diego Gonzalez, 3º da xeral e 2º na súa categoría e Orlando Rodriguez, 6º da xeral e 2º da súa categoría. Nesta carreira de 3 kms, superanse un total de 523 escalóns. O vencedor foi o cangués Alvaro Prieto. Bravo polos máis de 350 atletas que remataron a proba.

Exito rotundo de Club Deportivo Pinarium na carreira pedestre de Cangas

O día 1 de decembro podio absoluto en Cangas para C.D. Pinarium de man de Orlando Rodriguez. Tamén subiu o podio Diego Gonzalez na categoria Senior. Destacar tamén a carreira feita por Iago Morenza, que colaborou en gran medida cos seus compañeiros. Gran papel do equipo en liñas xerais, cunha gran participación, 21 membros do noso clube completaron o percorrido entre Aldán e Cangas.

Victoria de Club Deportivo Pinarium en categoría Veteranos A no Cross Trail de Riveira

Se o ano pasado foi Diego González o que gañou o Cross Trail de Riveira, este ano, tras a sua ausencia, Orlando Rodriguez, novo integrante de Club Deportivo Pinarium foi quen de meterse 3º na xeral. Acadando a primeira plaza en categoría Veteranos A, polo que parece que esta proba se nos da moi ben. A proba foi gañada por Uxio Abuin (triatleta internacional). ¡¡¡ Noraboa ¡¡¡

Primeira Victoria desta tempada 2013/2014 da sección de Duatlon-Triatlon en Riveira

O domingo 17 de novembro C.D. Pinarium acadou a victoria no duatlón popular de Riveira, da man do seu duatleta Iago Morenza. Os gañadores desta proba, Silvia Deira e Iago deron nome a ampliación do paseo de Coroso, que se inaugurou coa celebración deste duatlón. En Riveira varios dos nosos integrantes tomaron contacto con esta modalidade como preparación para a importante vindeira temporada 2014.

Primeira Victoria da tempada 2013/2014 de atletismo para Club Deportivo Pinarium en Vigo

No fructífero domingo 17 novembro, un dos nosos atletas máis activos, Miguel Piñeiro, conseguiu o triunfo na carreira ao Castro de Vigo. Desexamos que esta tempada continue nesta mesma liña. O que si podemos asegurar é que estamos cargados de motivación nestes primeiros meses e que queda moito camiño por diante. Ese mesmo domingo 17, unha boa morea de atletas de C.D. Pinarium nos representaron na carreira popular con máis participación do calendario galego (San Martiño Ourense). Bravo por eles!!!