Menu
- Inicio
- Santomé
- O Club
- Pinga Pinga
- Ciclocross Pontevedra
- Calendario de eventos
- Foro
- Prensa
- Contacto
- Organigrama C.D. Pinarium
- Km Pinarium
- Premios, ayudas y baremos
mércores, 25 de setembro de 2013
Moi bo fin de semana para Club Deportivo Pinarium en Campañó (Pontevedra) e na Guardia
Gran fin de semana para C.D.Pinarium con dous bos resultados. Así, o Sábado Diego González acadaba un 3º poso en categoría Senior nunha carreira con un altísimo nivel e na que os tres primeiros da xeral absoluta eran foraneos (un Lituano e dous Portugueses). Con este resultado, Diego González Martínez afianza o seu 3º posto da xeral en categoría senior do circuito de carreiras de Pontevedra, so quedando para o seu remate a media maraton de Pontevedra. Destacar o compañeirismo do noso equipo, pois foi o compañeiro Manuel Rosales o encargado de subir ao podium a recoller o trofeo en nome de Diego González. Por outra banda, na mañá do domingo, Miguel Angel Piñeiro consegía un 2º posto na xeral absoulta do Trofeo Julia Vaquero, na Guardia, o que amosa o bo nivel deste atleta nas súas últimas citas. Noraboa a ambos atletas e a seguir nesa liña.
C.D. Pinarium entre os mellores nunha das carreiras máis duras de Montaña de España (Maraton de Montaña Penedos do Lobo) - Ourense
Tras percorrer una distancia de 42 km na carreira de montaña por excelencia de Galicia e das mellores de España, Fiz Alvarez acadou un meritorio 37 posto cun tempo de 5h25'02" na maratón de montaña de PENEDOS DO LOBO en Ourense. Esta maratón discurre polo macizo central ourensano nun entorno natural de Cabeza de Manzaneda e os seus arredores.
Entre camiños e pistas forestais da Serra de Queixa que lle otorgan a dureza tan desexada polos atletas de montaña, e a beleza da paixase perseguida polos andarines.
Noraboa Fiz polo sacrificio e polo bo resultado acadado ¡¡¡
Bo papel de C.D. Pinarium no triatlon de longa distancia DESAFIO ILLAS CIES
Despois de percorrer os 1,9 kms a nado, os 90 kms de bicicleta e os 21 kms de carreira a pe, o club Deportivo Pinarium con Pedro Alberto Gines acadou un meritorio 18º posto na xeral absoluta do Desafio Illas Cies cun tempo de 4h14'47". O posto acadado ten moito mérito tendo en conta o accidente sufrido por este triatleta, que o tivo parado un tempo. Noraboa e a seguir traballando ¡¡¡
martes, 17 de setembro de 2013
Diego González Martínez da a C.D.Pinarium a victoria en Categoría Senior na X Cronoescalada a Breamo (Pontedeume)
A posta a punto vai cada vez mellor e para iso unha das citas anuales obrigadas para Diego González e a durísima cronoescalada a Breamo (Pontedeume), na que os participantes percorren 3,5 kms con elevadas pendentes. Así, este ano foi quen de acadar o 1º posto senior e 3º na xeral absoluta a so 4" do gañador da proba absoluta. O resultado e sorprendente tendo en conta que baixou en 23" o tempo feito o ano pasado e que este ano chegaba con menos preparación que o ano anterior. Agradecer a organización desta carreira por contar con Diego González Martínez (integrante de Club Deportivo Pinarium) para a realización do cartel da proba.
xoves, 5 de setembro de 2013
O Galego Diego González Martínez e a Portuguesa Eduarda de Sousa Vieira Mendes dan a Club Deportivo Pinarium sendas victorias na XIV Milla de Sanxenxo
Coas vistas postas no campionato do mundo de duatlón a disputar en España, concretamente en Pontevedra, Diego González empeza a atopar o estado de forma que tivo antes de tomarse os 3 meses de descanso fora das competicions tras obter a clasificación para o cita mundialista de 2014. Así, este Domingo foi quen de acadar a victoria na XIV Milla de Saxnxenso en categoría Senior. Por outra banda, en categoría cadete,a portuguesa recentemente fichada por Club Deportivo Pinarium, Eduarda de Sousa Vieira Mendes acadou a súa segunda victoria con Pinarium. E de destacar tamén o 3º posto acadado en categoría senior por Iago Morenza Perez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)