Menu
- Inicio
- Santomé
- O Club
- Pinga Pinga
- Ciclocross Pontevedra
- Calendario de eventos
- Foro
- Prensa
- Contacto
- Organigrama C.D. Pinarium
- Km Pinarium
- Premios, ayudas y baremos
mércores, 14 de maio de 2014
MOI BO PAPEL DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NO CPTO GALEGO DE MEDIA MARATON EN VIGO
Ainda que CON VARIAS baixas para a disputa do Campionato Galego celebrado o pasado Domingo 11 de Maio en Vigo, o papel do equipo desprazado a Vigo por Club Deportivo Pinarium foi de matricula pois foron que de acadar o 1º posto por parellas en categoria masculina (Toneco e Alex), o 2º posto por parellas mixtas (Orlando Rodriguez y Marina González), o 2º posto en veteranos (Jose Navarro) e o 7º posto da xeral absoluta do campionato Galego (Diego González). A proba reuniu a máis de 1200 participantes na liña de saida en todas as disciplinas e categorías. ¡¡¡ Noraboa equipo !!!
xoves, 8 de maio de 2014
PODIUM ABSOLUTO INTERNACIONAL PARA C.D.PINARIUM EN BRASIL
O pasado Domingo acadouse un feito histórico para o noso club. Nada menos que un podium absoluto internacional de Club Deportivo Pinarium con Iago Morenza Perez na WINGS FOR LIFE WORLD RUN. Iago foi quen de acadar un meritorio 3º posto nunha proba celebrada en 35 países do mundo a mesma hora. Neste caso a proba foi en Brasil donde Iago remata os seus estudos de Enxeneeiro Industrial e tras percorrer unha distancia de 43 km. ¡¡¡ Noraboa campión¡¡¡
mércores, 7 de maio de 2014
GRAN REPRESENTACION DE C.D.PINARIUM NO DUATLON DE TOMIÑO
A un mes exacto para o campionato do Munndo de Duatlón que este ano se disputará en España, concretamente en Pontevedra, varios dos mellores duatletas Galegos e de Portugal se deron cita en Tomiño para ir afinando a súa preparación de cara a esa importante cita mundialista. Non ia a ser menos Club Deportivo Pinarium que desplazou a Tomiño a 13 corredores, dentro dos cales había varios debutantes nesta especialidade que salvaron con creces a distancia e a adaptación as duas disciplinas. Destacar o 5º posto absoluto de Diego González Martínez, o cal en 4 semanas representará a Galicia , a España, e por suposto, o noso humilde Club Deportivo Pinarium na cita mundialista.
PODIUM POR EQUIPOS DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NA CARREIRA FEDERADA DE PASCUA EN PADRON
A Semana Santa non foi semana de descanso para Club Deportivo Pinarium e varios dos seus membros se desprazaron a Padrón para desputar a famosa Carreira de Pascua na que o obxectivo principal era acadar unha boa posición por equipos e o cal non poido ter mellor desenlace, pois a suma de todos os corredores do club fixo que Club Deportivo Pinarium subise en segunda posición ao podium por equipos, ante un equipo como o Atletismo Sar A Poutada, rival con nomes como o de Uxio Abuin, triatleta internacional que está a participar en probas de copa do mundo e que a prol seria o vencedor da proba. Destacar por outro lado o merecido podium na súa categoría de José Oimil (3º Senior). Tamén destacamos o 2º posto acadado por Pablo Rosales Gallego en categoría prebenjamin, o que demostra que o relevo está garantizado. Noraboa a todos ¡¡¡
A SEGUNDA PROBA DO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA TIVO COR VERDE PINARIUM
Este ano, ao igual que sucedera o ano pasado, Club Deportivo Pinarium fixo sua a vila de Pontevedra e máis concretamente Monteporreiro, pois varios dos seus integrantes participaron nesta proba acadando algúns deles podiums de importancia. Así, Jorge Janeiro acadaría a victoria en Categoría Veterano A e demostra que a súa progresión e inmellorable.Tamén foi quen de acadar un meritorio podium Germán Morenza na categoría de Veterans C o que lle vale de test na sua preparación para a Maratón de Ginebra que desputará en próximas datas. Por outro lado, na clasificación por parellas masculinas, outro ano máis a cor verde tingueu o podium acadando as tres primeiras prazas, e en parellas mixtas o 3º posto con Antonio e Silvia Oimil. Noraboa a todos ¡¡¡
C.D.PINARIUM ACADA UN 2º POSTO NA CARREIRA DO COCIDO DE LALIN
Ramón Silva, depostrando un moi bo nivel, acada un podium valiosisimo na categoria de Veteran A na carreira do cocido de Lalin. Noraboa compañeiro ¡¡¡
VARIOS PODIOS DE C.D.PINARIUM NA PRIMEIRA PROBA DO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA
Este ano o Clube Deportivo Pinarium aposta pos acadar máis podiums na xeral final do circuito de carreiras de Pontevedra que os acadados o ano pasado por Diego González Martínez (2º en categoría senior) e José Manuel González Santamaría (2º posto en Veteranos C) e Silvia Omil (1º posto en féminas veteranas A). Así, na primeira proba celebrada en San Brais (Pontevedra) acadaronse os podios de Jorge Janeiro e Ramón Silva (2º e 3º posto en Veteranos A), Diego González (3º en Senior)e José Manuel González Santamaría. Esperemos que ao final todos eles estén nos postos de podium na xeral final.
2º POSTO DE C.D.PINARIUM NO DUATLON POPULAR DE O GROVE
Iago Morenza foi quen de acadar un meritorio 2º posto no Duatlon Popular de O Grove. Con este resultado apunta maneiras para ser tido en conta nas probas federadas. Noraboa ¡¡¡
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)