Sobre unhas distancias de 1,9 kms de natación + 90 kms de bicicleta + 21,019 kms de carreira a pe, disputouse o Domingo 19 de Maio de 2013 o Triatlón Longo de Aveiro (Portugal) no que Club Deportivo Pinarium estivo presente destacando o bo posto acadado por Pedro Gines Blanco que entrou na liña de meta no posto 24º na xeral absoluta. O que da unha idea da amplia gama de deportistas que posue este club, con atletas populares e federados, duatletas populares e federados, triatletas de modalidade sprint, olímpica e de longa distancia, corredores de montaña e ultramaratón, senderistas...
Noraboa a todos eles ¡¡¡
Menu
- Inicio
- Santomé
- O Club
- Pinga Pinga
- Ciclocross Pontevedra
- Calendario de eventos
- Foro
- Prensa
- Contacto
- Organigrama C.D. Pinarium
- Km Pinarium
- Premios, ayudas y baremos
xoves, 23 de maio de 2013
martes, 21 de maio de 2013
2º Posto Senior de Club Deportivo Pinarium na II Carreira Popular concello de Poio
O pasado Domingo 19 de Maio tivo lugar a II Carreira Popular Concello de Poio, na que como xa ven sendo habitual as estradas se tinguen de cor verde pola masiva participación de membros de Club Deportivo Pìnarium. Destacar o 2º posto de Iago Morenza Perez, o 6º posto de José Omil e 8º posto de Daniel Vila (novo fichaxe de Pinarium), todos en Categoría Senior. En categoría veterans, Miguel Angel Piñeiro foi quen de acadar o 7º posto. Por otra banda, o resto do equipo brilou a gran nivel. Noraboa a todos ¡¡¡
Club Deportivo Pinarium acada o Subcampionato Galego de Milla en Ruta 2013 en categoría promesa en Padron
Como non ia a ser doutro xeito, Club Deportivo Pinarium estivo ben representado por varios integrantes no Campionato Galego de Milla en Ruta 2013 disputado en Padrón nun circuito xa clásico para esta cita. Así, Iago Morenza Perez acadou un meritorio 2º posto en categoría Promesa que non fai máis que confirmar o seu bo estado de forma. Tamén destacar o 4º posto por segundo ano consecutivo na milla popular dun combativo José Omil, o cal, ainda coas pernas doloridas despois da maraton de Coruña, foi quen de rendir a bo nivel na milla Popular.
mércores, 8 de maio de 2013
Club Deportivo Pinarium Subcampion Galego Sub 23 de Duatlon en Santiago
Poñendo o broche a tempada de duatlon de estrada 2013, Iago Morenza Perez conseguiu un meritorio 2º posto en categoría Sub 23 no campionato galego de duatlon en Santiago. Este resultado ten máis mérito tendo en conta que e a primeira tempada para este duatleta e coa idade que ten, tanto o seu futuro como o futuro da Sección de Duatlon de Club Deportivo está asegurado.
Moi bos resultados para a sección de atletismo de Club Deportivo Pinarium no primeiro fin de Semana de Maio de 2013
Neste primeiro fin de semana de Maio e coincidindo cos tradicionais maios, varias foron as carreiras nas que os compoñentes de Club Deportivo Pinarium estiveron presentes, así, destacar o 6 posto absoluto de Miguel Angel Piñeiro Groba en Aios (Sanxenxo) na mañá do Sábado 4 de Maio. Este mesmo atleta desplazouse a Salceda donde acadou o 3 posto da súa categoría. Como broche a este bo fin de semana, destacar o 6 posto acadado na clasificación por equipos de Club Deportivo Pinarium na carreira do Pino en Santiago.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)