luns, 28 de xaneiro de 2013

C.D.Pinarium acada o cuarto posto na terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean

Na maña de onte, e baixo una inmensa choiva levouse a cabo a disputa da terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean, na que dous membros de C.D.Pinarium volveron a desafiar as inclemencias meteorolóxicas que levamos tendo neste mes de Enero.

Así, Maria Teresa Barreira Salgado "Tere", acadou un meritorio Cuarto posto, xa que unha intratable Aida Valiño, corredora que non participara nas probas anteriores, dou unha exibicion vencendo con autoridade esta proba. E de destacar a regularidade de Tere, pois o seu cuarto posto non fai máis que afianzar a súa posición na xeral que segundo os regulamentos do circuito Galego nestes momentos e a falta dunha proba para o seu remate, atopase na segunda posición na xeral.

O estado no que se atopaba o circuito dalle máis valor a ese cuarto posto de Tere, pois foron varias as caidas e os abandonos. Así,   José Antonio Torviso "Torvi" cando se atopaba en plena remontada en BTT (o seu punto fuerte) na última volta deste sector, deu co seu corpo no chan nunha baixada de barro coa consecuente avería mecánica. E de destacar as agallas deste corredor, o cal non se deu por vencido e quiso rematar a proba como puido acadando o posto 42 na xeral. Dende Club Deportivo Pinarium non nos cabe máis que dar a !!Noraboa!! a estes dous loitadores.

José Antonio Torviso "Torvi"

Mª Teresa Barreira Salgado "Tere"

C.D.Pinarium undecimo no campionato Galego Absoluto de Cross en Ribeira

Xa e habitual ver a C.D.Pinarium entre os mellores clubes de Galicia, e como non puido ser doutro xeito, nunha maña fría e chuviosa de Enero e cun circuito totalmente embarrado, 5 membros de C.D.Pinarium (Diego Gonzalez, Iago Morenza, Jose Omil, Xurso Rodal e Fiz Alvarez) se deron cita no Pinar de Couto en Ribeira acadando o posto 11 por equipos en categoría absoluta. Destacar o posto 10 de Iago Morenza na categoría Promesa e que en categoría Absoluta se estivo por enriba de clubes como o R.C. Celta de Vigo. A seguir traballando coa mesma humildade.

Equipo C.D. Pinarium despois da proba

Saida campionato Galego Absoluto de Cross

luns, 21 de xaneiro de 2013

C.D.Pinarium entre os mellores equipos de Galicia nos Campionatos Galegos de Cross Curto por equipos

Bos resultados de Club Deportivo Pinarium nos Campionatos Galegos de Corss Curto por equipos (4 kms) disputado no Monte do Gozo en Santiago de Compostela, acadando un meritorio posto 13 por clubes no seu debut neste tipo de probas de caracter federado. A vindeira semana e coa experiencia deste fin de semana, C.D.Pinarium acudirá aos campionatos Galegos de Cross Longo (11kms) a desputar en Ribeira o 27 de Enero de 2013. Sorte a todos !!!

Equipo C.D. Pinarium no Campionato Galego de Cross Curto

Equipo C.D. Pinarium depois da proba


Podium de C.D.Pinarium na Segunda Proba do Circuito Galego de Duatlon Cross


Club Deportivo Pinarium segue facendo historia na súa curta vida como club federado pola Federación Española de Triatlón, pois neste fin de semana, tras a cicloxenese explosiva que asolou Galicia, María Teresa Barreira Salgado "Tere" acadou un meritorio terceiro posto na segunda proba do circuito galego de Duatlón Cross de Beariz. Con este podium afianzase no terceiro posto da xeral do circuito Galego a falta de tres probas. Por outra banda, en categoría Masculina, destacar o posto 19 de José Antonio Torviso Berdeal, o cal esta experimentando unha notable progresión, xa que, o igual que "Tere", ten acadado xa con este posto a clasificación para a disputa do campionato Galego de Duatlon Corss que este ano será en Pontevedra.

Maria Teresa Salgado recollendo o trofeo a Terceira clasificada

Jose Antonio Torviso na sección de BTT




luns, 14 de xaneiro de 2013

Podium de C.D.Pinarium na primeira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Ribadumia


Bo comezo de tempada duatlética de Club Deportivo Pinarium na mañá do Domingo 13 de Enero de 2013, xa que, despóis dunha carreira moi desputada nun circuito moi embarrado pola choiva caida o longo da semana, Teresa Barreira Salgado, acadou, tras facer unha moi boa transición en BTT, o terceiro posto da xeral absoluta feminina do I Duatlon Cross concello de Ribadumia, correspondente ao circuito Galego de Duatlon Cross 2013. Destacar tamen o debut nesta modelidade de Jose Antonio Torviso, Francisco Jose Garcia Soage e Diego Moledo, polo que auguramos unha moi boa tempada para todos eles.


Podium Feminino coa terceira clasificada Teresa Barreira Salgado
Integrantes do C.D. Pinarium
Integrantes do C.D. Pinarium