luns, 14 de xaneiro de 2013

Podium de C.D.Pinarium na primeira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Ribadumia


Bo comezo de tempada duatlética de Club Deportivo Pinarium na mañá do Domingo 13 de Enero de 2013, xa que, despóis dunha carreira moi desputada nun circuito moi embarrado pola choiva caida o longo da semana, Teresa Barreira Salgado, acadou, tras facer unha moi boa transición en BTT, o terceiro posto da xeral absoluta feminina do I Duatlon Cross concello de Ribadumia, correspondente ao circuito Galego de Duatlon Cross 2013. Destacar tamen o debut nesta modelidade de Jose Antonio Torviso, Francisco Jose Garcia Soage e Diego Moledo, polo que auguramos unha moi boa tempada para todos eles.


Podium Feminino coa terceira clasificada Teresa Barreira Salgado
Integrantes do C.D. Pinarium
Integrantes do C.D. Pinarium



Ningún comentario:

Publicar un comentario