luns, 21 de xaneiro de 2013

Podium de C.D.Pinarium na Segunda Proba do Circuito Galego de Duatlon Cross


Club Deportivo Pinarium segue facendo historia na súa curta vida como club federado pola Federación Española de Triatlón, pois neste fin de semana, tras a cicloxenese explosiva que asolou Galicia, María Teresa Barreira Salgado "Tere" acadou un meritorio terceiro posto na segunda proba do circuito galego de Duatlón Cross de Beariz. Con este podium afianzase no terceiro posto da xeral do circuito Galego a falta de tres probas. Por outra banda, en categoría Masculina, destacar o posto 19 de José Antonio Torviso Berdeal, o cal esta experimentando unha notable progresión, xa que, o igual que "Tere", ten acadado xa con este posto a clasificación para a disputa do campionato Galego de Duatlon Corss que este ano será en Pontevedra.

Maria Teresa Salgado recollendo o trofeo a Terceira clasificada

Jose Antonio Torviso na sección de BTT




Ningún comentario:

Publicar un comentario