QUEN É “PANORAMIX”??
O
homenaxeado esta 7ª edición da Carreira Pinga Pinga será Manuel Cruces Prado, alias Panoramix. Para a familia Pinarium é un
gran referente. Un exemplo de vitalidade, digno de admirar sobre todo cos seus
anos.
Facemos un breve resumo: Compañeiro do noso clube Pinarium desde 2013. Durante varias decadas foi quen de compaxinar a súa profesión de dermatólogo coa de deportista. Cando poucos coñecían e practicaban a modalidade de triatlón, o doutor Cruces xa competía a gran nivel. En todos estes anos acadou numerosos premios en España e no extranxeiro en triatlóns curtos e longos. Entre outros subcampión do mundo de aquatlon (2010) do seu grupo de idade, subcampión do mundo de triatlón de distancia longa (2012), campión de España en numerosas ocasións,…
Dende
os seus anos mozos, xa na Coruña, destacaba como un gran nadador.
Foi mentor de triatletas que hoxe en día son internacionais. Un exemplo é Saleta Castro, triatleta pontevedresa que leva numerosos Ironman disputados e está clasificada para o Campionato do Mundo de Ironman en Kona (Hawaii).
Nos últimos anos practicou con asiduidade a modalidade de canicross (cross no que vas acompañado dun can. Si a sincronización
e boa, o can soe ir diante e en moitos puntos faite correr máis rápido) Tamén
practicou bikejoring (proba de bici
de montaña na que vas acompañado do can, que como no canicross soe ir guiado
diante da bici, remolcando, podería decirse). Estas modalidades apasionanlle. Se
non adoptou nas últimas semanas ten 3 cans: Lío, Kim e a máis nova chámalle
"Pinga"
Manuel
Cruces, hai uns anos superou coa sua forza de vontade un grave accidente, que
lle tivo unha larga temporada sin poder nin camiñar.
Actualmente
"Panoramix" segue competindo. A pesar dos achaques habituais e
lesións, segue dando moita batalla.
Leva
un ano 2016 con moita competición. Só ollando a súa axenda xa nos suben as
pulsacións. Entre outras participou no Campionato do mundo de Duatlón de Avilés,... Neste mes de
setembro nadou 17 kms, na proba que vai de Cies a Baiona e a semana seguinte
nadou a travesía de A Coruña de 10
kms, fixo hai un mes a travesía de Raxó a Aguete,…
Polo
seu palmarés, pola súa traxectoria e a súa historia "de película" dende
o clube queremos recoñecer os méritos e o esforzo deste veterán, con folgos de
xuvenil.
Personalmente
non vou dicir a frase típica "de maior quero ser como él", pero si
querría ter a metade da súa vitalidade.
O 8 de outubro o noso compañeiro estará
con nós na VII Carreira Pinga Pinga.
Non vos perdades esta gran festa do deporte!!!
Organización Carreira Pinga Pinga 2016 (C.D. Pinarium)