Menu
- Inicio
- Santomé
- O Club
- Pinga Pinga
- Ciclocross Pontevedra
- Calendario de eventos
- Foro
- Prensa
- Contacto
- Organigrama C.D. Pinarium
- Km Pinarium
- Premios, ayudas y baremos
mércores, 23 de outubro de 2013
Extraordinario cerre de tempada 2013 de C.D.Pinarium na media maratón de Pontevedra cun pódium por equipos mixtos
Podemos dicir que a tempada de C.D.Pinarium foi un espello do que reflexou o pódium por equipos mixtos desta media maratón de Pontevedra 2013. Pois, a unión do grupo, o compañeirismo, a amizade e o crecemento acadado neste ano 2013 da como fruto cousas como as vividas o pasado Domingo 20 de Outubro, no que C.D.Pinarium acadou un 2º posto na clasificación por equipos mixtos, o cal e valiosísimo de cara a amosar a unión e a evolución desde humilde club.
Así, Diego González, Gustavo Caballero e Silvia Omil foron quenes de acadar este segundo posto do caixón, diante de clubs casi centenarios coma o Comesaña Sporting Club e a altura de clubs da talla do ATHLETIS TEAM do 32 veces internacional José Carlos Adán e Olímpico en Barcelona 92 que a prol sería o equipo vencedor da proba. Polo que, se considera que este éxito é de todos os integrantes de Club Deportivo Pinarium pola boa tempada realizada. Destacar ademáis o 2º posto senior do circuito de carreiras de Pontevedra de Diego González Martínez, e 6º na xeral absoluta cuia última proba de cinco das que constaba este circuito era esta media maratón de Pontevedra.
¡¡¡ Noraboa a todos, e a pensar xa en 2014 ¡¡¡
martes, 15 de outubro de 2013
Club Deportivo Pinarium profeta na súa terra (Pinga Pinga 2013)
Como non ia ser doutro xeito, Club Deportivo Pinarium brilou a gran altura na na IV Edición da Pinga Pinga 2013, na que preto de 300 corredores tomaron a saida en categoría absoluta dos cales, preto de 45 pertenecian ao club de moda do atletismo Galego, que non e outro que Club Deportivo Pinarium. Os resultados dos corredores de categoría absoluta foron moi bos, sendo Club Deportivo Pinarium o primeiro clasificado por clubs, con resultados tan destacados como o 5º posto na xeral absoluta de Diego González Martinez (2ºSenior), 7º posto na xeral do recente fichaxe, o Cangues Orlando Rodriguez Rodriguez (1º veterano), a 3ª posición en categoría Veterana feminina de Silvia Omil. Por outra banda destacar a participación en categorías inferiores, con máis de 400 nenos de todas as categorías, o que fai un total de máis de 700 participantes nesta IV Edición da Pinga Pinga 2013. Destacar o 2º posto acadado nunha destas categorias inferiores (cadete feminina) para a Portuguesa de Club Deportivo Pinarium Eduarda de Sousa Vieira Mendes. Xa para rematar a entrega de trofeos, se deu entrega da coñecida Pinga Pinga (trofeo edición limitada so o alcance dos gañadores da carreira) o membro con máis puntos acadados ao largo da tempada en todas as competicions. Este non foi outro que Iago Morenza Perez, o cal demostrou unha regularidade asombrosa obtendo a súa curta idade moi bos resultados. Completaron o podium deste Km Pinarium José Omil Iglesias (Responsable da sección de atletismo do Club) e Xurxo Rodal, este último co record de carreiras desputadas na tempada, nada menos que a cifra de 38 probas ¡¡ Noraboa a todos ¡¡
xoves, 3 de outubro de 2013
Gran debut de varios integrantes da sección de Triatlon de Club Deportivo Pinarium no Triatlón SERTRI en Pontevedra
A sección de Triatlón de Club Deportivo Pinarium xa non e un soño, senón que cada día que pasa se vai convertendo nunha realidade, pois cada vez ten nas súas filas a máis triatletas. Así, o pasado sábado 28 de Septembro de 2013 iniciaron a súa andadura neste apaisoante deporte varios integrantes do noso Clube, concretamente no triatlón SERTRI disputado en Pontevedra vaixo un día chuvioso que non evitou que todos os corredores do noso equipo (Xulio, Francisco Soage, Marcos Reissmann, Iria Blanco e Toneco) concluisen cun bo papel a proba. Noraboa a todos e a seguir pelexando¡¡¡
mércores, 2 de outubro de 2013
Fin de semanana plagado de éxitos para C.D.Pinarium en Porriño, Marín, Viveiro e O Grove
O último fin de semana deste mes de Septembro de 2013 foi un dos fins de semana que se marcará no calendario do noso club como un fin de semana de éxitos, xa que, varios foron os podiums acadados nas diversas probas repartidas por toda a xeografía Galega. Así, o Venres comenzaban os éxitos do noso club co podium de Miguel Angel Piñeiro na milla popular na que acadou un meritorio 3º posto. Xa o Sábado tivo lugar en Marín a xa histórica milla de Marín na que Diego González Martínez e Silvia Oimil Iglesias acadaron sendas victorias na categoría senior masculino e popular feminino. Diego González participaría 20' despois na milla categoría federada na que o corredor do noso club foi quen de codearse coa élite duanha distancia que non e a súa, acadando así un meritorio 7º posto. Destacar tamén a victoria en categoría cadete da Portuguesa de Club Deportivo Pinarium Eduarda de Sousa Vieira Mendes (que xa leva 3 victorias consecutivas de catro carreiras desputadas ata a fecha) así como o terceiro posto de María Fuentes a que vai progresando moi favorablemente. Para rematar este fin de semana de éxitos, o domingo tivo lugar a XV Carreira Popular Festa do Marisco de O Grove donde Silvia Omil Iglesias repetiu podium cun 3º posto en categoría feminina, e a XV Carreira Popular Concello de Viveiro donde o corredor de Vila de Cruces e pertenecente a Club Deportivo Pinarium, Ramón Silva acadou un meritorio 2º posto en categoría veteranos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)