Menu
- Inicio
- Santomé
- O Club
- Pinga Pinga
- Ciclocross Pontevedra
- Calendario de eventos
- Foro
- Prensa
- Contacto
- Organigrama C.D. Pinarium
- Km Pinarium
- Premios, ayudas y baremos
mércores, 2 de outubro de 2013
Fin de semanana plagado de éxitos para C.D.Pinarium en Porriño, Marín, Viveiro e O Grove
O último fin de semana deste mes de Septembro de 2013 foi un dos fins de semana que se marcará no calendario do noso club como un fin de semana de éxitos, xa que, varios foron os podiums acadados nas diversas probas repartidas por toda a xeografía Galega. Así, o Venres comenzaban os éxitos do noso club co podium de Miguel Angel Piñeiro na milla popular na que acadou un meritorio 3º posto. Xa o Sábado tivo lugar en Marín a xa histórica milla de Marín na que Diego González Martínez e Silvia Oimil Iglesias acadaron sendas victorias na categoría senior masculino e popular feminino. Diego González participaría 20' despois na milla categoría federada na que o corredor do noso club foi quen de codearse coa élite duanha distancia que non e a súa, acadando así un meritorio 7º posto. Destacar tamén a victoria en categoría cadete da Portuguesa de Club Deportivo Pinarium Eduarda de Sousa Vieira Mendes (que xa leva 3 victorias consecutivas de catro carreiras desputadas ata a fecha) así como o terceiro posto de María Fuentes a que vai progresando moi favorablemente. Para rematar este fin de semana de éxitos, o domingo tivo lugar a XV Carreira Popular Festa do Marisco de O Grove donde Silvia Omil Iglesias repetiu podium cun 3º posto en categoría feminina, e a XV Carreira Popular Concello de Viveiro donde o corredor de Vila de Cruces e pertenecente a Club Deportivo Pinarium, Ramón Silva acadou un meritorio 2º posto en categoría veteranos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario