luns, 28 de xaneiro de 2013

C.D.Pinarium acada o cuarto posto na terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean

Na maña de onte, e baixo una inmensa choiva levouse a cabo a disputa da terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean, na que dous membros de C.D.Pinarium volveron a desafiar as inclemencias meteorolóxicas que levamos tendo neste mes de Enero.

Así, Maria Teresa Barreira Salgado "Tere", acadou un meritorio Cuarto posto, xa que unha intratable Aida Valiño, corredora que non participara nas probas anteriores, dou unha exibicion vencendo con autoridade esta proba. E de destacar a regularidade de Tere, pois o seu cuarto posto non fai máis que afianzar a súa posición na xeral que segundo os regulamentos do circuito Galego nestes momentos e a falta dunha proba para o seu remate, atopase na segunda posición na xeral.

O estado no que se atopaba o circuito dalle máis valor a ese cuarto posto de Tere, pois foron varias as caidas e os abandonos. Así,   José Antonio Torviso "Torvi" cando se atopaba en plena remontada en BTT (o seu punto fuerte) na última volta deste sector, deu co seu corpo no chan nunha baixada de barro coa consecuente avería mecánica. E de destacar as agallas deste corredor, o cal non se deu por vencido e quiso rematar a proba como puido acadando o posto 42 na xeral. Dende Club Deportivo Pinarium non nos cabe máis que dar a !!Noraboa!! a estes dous loitadores.

José Antonio Torviso "Torvi"

Mª Teresa Barreira Salgado "Tere"

Ningún comentario:

Publicar un comentario