luns, 3 de setembro de 2012

DOUS 2OS POSTOS PARA C.D PINARIUM NA CARREIRA DE +10 MARÍN- MANUEL ROSALES CON DIEGO GONZALEZ E IAGO MORENZA

Club Deportivo Pinarium foi tamén profeta na sua terra e acadou dous segundos postos na carreira +10 Marin - Manuel Rosales. O corredor Iago Morenza Pérez consegueu rebaixar a sua propia marca persoal en 10.000 e meterse así no posto 14º da xeral final (2º Xunior). Por outra banda, Diego Gonázlez Martínez, despois de dous meses e medio sen competir, para afrontar o terceiro e último pico de forma da tempada, consegueu meterse nun excelente 6º posto da xeral final (2º Senior). Con estes resultados, Club Deportivo Pinarium vaixe consolidando como club a ter en conta dentro do atletismo galego.




Ningún comentario:

Publicar un comentario