Coincidindo coa organización do evento máis importante do
club, a Carreira Pinga Pinga 2012, foron varios os bos resultados colleitados
nesta ponte do Pilar por integrantes do club. Así, o presidente e integrante do
club, Diego Gonzalez Martinez consegueu un 2º posto da xeral na mañá do vernes
nos 10kms da XXVIII carreira da amizade de Bembrive que se decidiron no ultimo
km, en dura pugna con Pablo Regadas, integrante do R.C.Celta Atletismo. Xa na
tarde do sábado, día esperado por todos pola celebración da Pinga Pinga, Club
Deportivo Pinarium consegue o 1 posto como equipo mais numeroso en rematar a
proba, tendo a tres integrantes entre os 20 primeiros da Xeral final (Diego
Gonzalez - 7º clasificado absoluto e 3º senior, Iago Morenza Perez - 12º clasificado na xeral e 3 xunior, Jose Omil Iglesias - 18º clasificado da xeral
e 7º Senior). Con estes resultados, Club
Deportivo Pinarium demostra q mes a mes vaise consolidando como equipo a ter en
conta no Calendario Galego de atletismo.
|
José Omil Iglesias entrando en meta |
|
Diego Gonzalez Martínez entrando en meta e agradecendo o público asistente |
|
|
C.D. Pinarium Equipo mais numeroso en rematar a proba |
Ningún comentario:
Publicar un comentario