xoves, 29 de novembro de 2012

VICTORIA DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NO I DUATLON TRAIL DE RIBEIRA EN CATEGORIA FEMINAS ABSOLUTA

Na mañá do Domingo 25 de Novembro e coa disputa do I Duatlon Trail de Ribeira, Club Deportivo Pinarium acadou unha nova victora en categoría de feminas absoluta de mans de Teresa Barreira Salgado que xa dende o inicio imprimiu un forte ritmo en bicicleta de montaña o cal non puido ser seguido polas suas perseguidoras. ¨Tere¨ entrou na meta con 1h35´ e sacoulle máis de 12 minutos a segunda clasificada. Por outra banda, en categoría masculina José Antonio Torviso acadou un meritotio posto 16 na xeral depois de ter varios percances mecánicos. Así, a preparación de estes dous duatletas vai por moi bo camiño de cara ao inicio do calendario Nacional, no cal desexamos estñen moi arriba.

Maria Teresa Barreira Salgado

Ningún comentario:

Publicar un comentario