O Sábado 16 de Febreiro de 2013 e nunha maña soleada Club
Deportivo Pinarium segueu agrandando a súa corta historia conseguindo o seu
primeiro título por clubs na I Edición da Carreira da Filloa en Lestedo
(Santiago). Sete foron os integrantes de C.D.Pinarium que fixeron posible esta
victoria (Santiago Solla, Toneco Carballal, José Omil, Ramon Silva, Miguel Piñeiro,
Iago Morenza e Diego González) meténdose 5 de eles entre os 15 primeiros da
xeral de mais de 250 participantes. A carreira constaba de 8,5 kms cunha
subida na parte central da carreira (km 3 a km 5,2) de forte pendiente que
tocaba o pico Sacro e que foi a que decidiu o desenlace final da proba.
Así, destacar a victoria na carreira de Diego González, que
según as súas declaracion " …días antes, o ser coñecedor da existencia da
subida, plantexei a estratexia de aproveitar a mesma para lanzar o ataque e
coller a ventaxa suficiente para administrala ata a meta, pero era consciente
de que restaban 3,5 kms de terreo chan e baixada dende o pico Sacro ata a
meta, polo que, ainda que pareceu unha victoria fácil dende o punto de vista do
espectador, para nada foi así, pois o esforzo que fixera na subida pasou algo de factura na baixada…".Con esta dobre
victoria, C.D.Pinarium non so fai historia, senón que colle confianza de cara as
citas importantes que están por chegar. Moito animo a
tódolos Pinarium que cada fin de semana fan máis grande o nome deste club,
humilde pero cuns principios moi fortes de "compañeirismo" e
"unión do grupo" ¡¡¡
|
Podium Absoluto con Diego González Martínez como gañador da Carreira |
|
C.D.Pinarium recollendo o premio de 1º Equipo Clasificado |
|
Integrantes de C.D.Pinarium antes da saida
Gracias a Xaime Cortizo polas fotografías |
Ningún comentario:
Publicar un comentario