xoves, 27 de maio de 2010

I CARREIRA PINGA- PINGA

Xa está todo en marcha para que o vindeiro 9 de outubro se celebre en San Tomé, concello de Marín, a I edición da carreira PINGA-PINGA. Xa estamos soamente a 2 meses para o evento.
Xa estamos en condicións de adiantar que esta carreira coincidirá coa celebración da XII Festa da Sidra e da Mazá, o que supón unha expectación ao máis alto nivel xa que é unha das Festas máis concorridas de Galicia. O percorrido será un sube e baixa continuo polos camiños deste lugar natural e cheo de beleza. Tamén dicir que esta carreira contará coa participación de deportistas de alto nivel ben para competir ou ben para apoiar o evento. Así, xa temos a confirmación do atleta Víctor Riobó.
Denomínase a esta carreira Pinga-Pinga por ser o nome dunha das fontes existentes no lugar e estar situada no definido trazado da competición. Ademais, a etimoloxía do nome dá lugar a unha longa variedade de interpretacións representativas non só da proba senón tamén do contexto psico-social das xentes e paisaxes do lugar.
En definitiva, que se están colocando as bases para que esta carreira sexa unha cita ineludible no calendario dos milleiros de atletas que cada ano corren por toda a nosa xeografía

Ningún comentario:

Publicar un comentario