xoves, 26 de maio de 2011

Novo éxito do club deportivo Pinarium na X Carreira popular de Moaña

O corredor  da categoria xuvenil  Marcos Fernández Garcia, obtivo o segundo posto na  X Carreira popular de Moaña celebrada o 14 de maio de 2011.
                                       

Destacar tamén o 6º posto na proba para  Diego González Martínez na categoria xeral.  O club deportivo Pinarium esta acadando grandes resultados nesta tempada colocándose nos postos máis altos da táboa en varias ocasións.  NORABOA!

luns, 9 de maio de 2011

Club Deportivo Pinarium campión galego da I Milla Urbana popular de Padrón

O domingo 8 de maio desputouse a I Milla Urbana Popular en Padrón. Cun total de 1609 km homologados o corredor Diego González Martínez, do club deportivo Pinarium conseguiu o primeiro posto na proba.

Este e, sen dubida un bo ano para o club. No seu primeiro ano na competición , os seus corredores conseguen manterse nos primeiros postos da clasificación. Noraboa a todos!