sábado, 20 de maio de 2017

SUBCAMPION GALEGO DE MARATON 2017

O pasado mes de Abril celebrouse na Coruña o Campionato Galego de Maraton 2017 onde C.D.Pinarium, concretamente o marinense Diego González Martínez acadou o subcampionato galego de maraton na sua categoria.


Diego González tivo palabras de agradecemento para todos os patrocinadores/colaboradores que apoian a C.D.PINARIUM, pois sin eles sería imposible manter o grupo humano que este humilde pero gran club ten. Destacar tamén a Manuel Sobral, Javier Pérez, Oscar Braña e Gonzalo Jimenez, os cales non so melloraron as suas marcas persoais, senon que baixaron olgadamente das 3 horas.
Noraboa a todos ¡¡¡





---------------

domingo, 14 de maio de 2017

Lorena Patiño, campiona galega de duatlon escolar

O pasado 13 de Maio celebrouse o Campionato Galego de Duatlon Escolar na localidade de Tomiño onde o noso clube clasificaba a 4 nenos e nenas da escola municipal de triatlon de Marin.


Lorena Patiño proclamabase campiona galega en categoria benxamin onde tamén contabamos coa participación de Nagore Otero 14ª clasificada.
Lorena encabezaba a carreira na primeira transición, posto no que xa non abandonou e aprobeitando pra coller a maior vantaxe no sector de bici.

Pola parte masculina tamén en categoria benxamin Pablo Rosales tomaba a saida en finalizando en 14ª posición.

Xabien Rivero, que contaba coa clasificación directa pra este campionato, non participaria xa que se atopaba de excursion de fin de curso con seu colexio.