luns, 25 de marzo de 2013

Varios podiums de C.D.Pinarium no XXXVI Trofeo de Cross San Miguel de Oia (Vigo)

Outro fin de semana máis, C.D.Pinarium de volta as duras condicions do Cross, foi quen de estar nas primeiras posicions. Así José Omil Iglesias (Responsable da sección de Atletismo do C.D.Pinarium)acadou un 8 posto na xeral do XXXVI Trofeo de Cross San Miguel de Oia (3 Senior A). Tamén destacar a boa actuación de David Estevez, o cal debutaba nesta disciplina (26 na xeral - 9 Senior A), Fuentes Sastre (28 na xeral-11 Senior B), Francisco García Soage o cal vai recuperándose da súa lesión (31 na xeral), Xurxo, Javier Rivas e Virgy.


Destacamos especialmente a terceira posición en categoría prebenxamin de María Fuentes Lorenzo, xa que o club está iniciando un proxecto que ten como base a promoción das categorías inferiores de C.D.Pinarium. Polo que os éxitos están a vir antes do previsto.


Noraboa a todos ¡¡¡

martes, 19 de marzo de 2013

2 Posto Senior de Diego González Martínez para C.D.Pinarium en Dena

No Domingo 17 de Marzo disputouse outra edición da XXVIII Marathon Popular de Dena, Meaño sobre un circuito de 8 km calificado como rompepernas polas suas subidas e baixadas, e que levou a Diego González Martínez a acadar o 2º posto Senior detrás do gañador da proba absoluta, o Negreirense, Luis Calvo Castro, un dos mellores duatletas Elite de España e con varias victorias de relevancia as suas costas coma a subida ao Angliru ou o campionato Galego de Montaña, destaca tamén o seu 18º posto nunha das subidas más esixentes do mundo, a subida ao Empire State de New York, que se disputa entre corredores de tódolos continentes. Destacar a participación de varios integrantes de C.D.Pinarium; Javi, Fuentes, Virgy, Fran, Manolo, Xurxo e a mellora das marcas de case todo eles respecto a edicions pasadas.

luns, 18 de marzo de 2013

Excelente actuación de C.D.Pinarium na VIG-BAY 2013

Despois dunhas semanas chuviosas, como de un milagre se tratase, o ceo abreuse e as nubes deron paso a un día espectacular para a disputa dunha das mellores medias marathons de España, a VIG-BAY (Vigo - Nigran - Baiona), cunha participación de máis de 4.500 corredores vidos de todo España e Portugal. Así, por parte de Club Deportivo Pinarium, Ramón Silva parou o seu crono en 1h18'33", José Omil 1h20'28", Lucas Escaneo 1h20'55", Miguel Ángel Piñeiro 1h22'38" todos eles entre os 200 primeiros da xeral. Destacar tamén as actuacions de máis membros do club que melloraron as suas marcas persoais como Gabino Edreira, David Estevez, Juanjo Fernandez, Marcos Fandiño Reissmann, Diego Moledo, Santiago Solla e Antonio Martínez. ¡¡¡ Noraboa a todos ¡¡¡

martes, 5 de marzo de 2013

8 posto Elite Absoluto de Diego González Martínez para C.D.PINARIUM na segunda proba do circuito galego de duatlon de estrada en Guitiriz

Club Deportivo Pinarium participou este fin de semana na segunda proba do circuito Galego de duatlón de estrada en Guitiriz con bos resultados para o club. Así, destacar o 8 posto en Elite para Diego González Martínez cun tempo de 58'29". Por outra banda, destacar a clasificación para o Campionato Galego a disputar en Santiago o 5 de Mayo tanto do citado Diego González, como de Pedro Gines o cal acadou o posto 35 con 1h04'. Noraboa a ambos duatletas !!!


Diego González poucos intres despois da saida

Pedro Gines nun momento da proba

C.D.Pinarium consegue o campionato Galego de 10 kms en ruta con Iago Morenza Perez en Padron

O 2 de Marzo disputábase en Padrón o campionato Galego de 10 km en ruta donde como non ia a ser doutro seito, C.D.Pinarium participou con casi 15 corredores, entre federados e non federados. Así, destacar o gran resultado de Iago Morenza, o cal, seguindo coa súa progresión acadou o campionato Galego de 10 km en ruta en categoría Promesa. Por outra banda, destacar que varios integrantes de C.D. Pinarium baixaron as súas marcas. Noraboa a todos !!!

Iago Morenza Perez - Campión Galego de 10kms en ruta Categoría Promesa

Equipo C.D.PINARIUM no campionato Galego de 10 kms