No Domingo 17 de Marzo disputouse outra edición da XXVIII Marathon Popular de Dena, Meaño sobre un circuito de 8 km calificado como rompepernas polas suas subidas e baixadas, e que levou a Diego González Martínez a acadar o 2º posto Senior detrás do gañador da proba absoluta, o Negreirense, Luis Calvo Castro, un dos mellores duatletas Elite de España e con varias victorias de relevancia as suas costas coma a subida ao Angliru ou o campionato Galego de Montaña, destaca tamén o seu 18º posto nunha das subidas más esixentes do mundo, a subida ao Empire State de New York, que se disputa entre corredores de tódolos continentes. Destacar a participación de varios integrantes de C.D.Pinarium; Javi, Fuentes, Virgy, Fran, Manolo, Xurxo e a mellora das marcas de case todo eles respecto a edicions pasadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario