luns, 18 de febreiro de 2013

Victoria con autoridade de Diego González na xeral individual e de C.D.Pinarium na xeral por clubes en Lestedo (Santiago)

O Sábado 16 de Febreiro de 2013 e nunha maña soleada Club Deportivo Pinarium segueu agrandando a súa corta historia conseguindo o seu primeiro título por clubs na I Edición da Carreira da Filloa en Lestedo (Santiago). Sete foron os integrantes de C.D.Pinarium que fixeron posible esta victoria (Santiago Solla, Toneco Carballal, José Omil, Ramon Silva, Miguel Piñeiro, Iago Morenza e Diego González) meténdose 5 de eles entre os 15 primeiros da xeral de mais de 250 participantes.  A carreira constaba de 8,5 kms cunha subida na parte central da carreira (km 3 a km 5,2) de forte pendiente que tocaba o pico Sacro e que foi a que decidiu o desenlace final da proba. Así, destacar a victoria na carreira de Diego González, que según as súas declaracion " …días antes, o ser coñecedor da existencia da subida, plantexei a estratexia de aproveitar a mesma para lanzar o ataque e coller a ventaxa suficiente para administrala ata a meta, pero era consciente de que restaban 3,5 kms de terreo chan e baixada dende o pico Sacro ata a meta, polo que, ainda que pareceu unha victoria fácil dende o punto de vista do espectador, para nada foi así, pois o esforzo que fixera na subida pasou algo de factura na baixada…".Con esta dobre victoria, C.D.Pinarium non so fai historia, senón que colle confianza de cara as citas importantes que están por chegar. Moito animo a tódolos Pinarium que cada fin de semana fan máis grande o nome deste club, humilde pero cuns principios moi fortes de "compañeirismo" e "unión do grupo" ¡¡¡
Podium Absoluto con Diego González Martínez como gañador da Carreira
C.D.Pinarium recollendo o premio de 1º Equipo Clasificado 
Integrantes de C.D.Pinarium antes da saida

Gracias a Xaime Cortizo polas fotografías


mércores, 6 de febreiro de 2013

Gran actuación de C.D. Pinarium na Primeira Proba do CCCP en San Brais

No Sábado 2 de Febreiro deu comezo o Circuito de Carreiras de Pontevedra CCCP, que arranca neste ano con 6 probas puntuables (San Brais, Monteporreiro, Nocturna Pontevedra, Santiaguiño do Burgo, Campañó, Media Maraton de Pontevedra). Foron moitos os membros de Club Deportivo Pinarium que se acercaron a Salcedo para disputar a primeira proba do circuito donde Diego González Martínez acadou o 7º porto da xeral (2º Senior) de máis de 320 participantes.

Diego González Martínez no podium da categoría Senior

Membros de C.D.Pinarium que se deron cita en San Brais
.



luns, 4 de febreiro de 2013

Quinto posto de C.D.Pinarium na xeral do circuito Galego de Duatlon Cross

Despois das catro probas puntuables do circuito Galego de duatlon Cross (Ribadumia,  Beariz, Candean, Maside) Maria Teresa Barreira Salgado "Tere" acada unha quinta praza moi meritoria tras concluir entre as catro primeiras todas as probas. Por outra banda, Jose Antonio Torviso cosegue o posto 34 da xeran final do circuito elite Galego de duatlon crosse e afina así a sua preparación para as probas de orientación e os duatlos de carreteira na que Galicia está a un nivel moi alto. Noraboa aos dous duatletas !!!

Maria Teresa Barreira Salgado "Tere" na carreira a pé