xoves, 22 de marzo de 2012

Primeiro podium dunha femina absoluta para C.D Pinarium con Cristina Pidre Loira e 5º posto absoluto masculino para Diego González Martínez na XXVII carreira popular de Dena 2012

Na maña fresca do Domingo 18 de Marzo de 2012 varios integrantes de C.D.Pinarium deronse cita no concello de Meaño para percorrer os 7,930 kms da XXVII carreira popular de Dena cun circuito rompepernas que deu a C.D.Pinarium o primeiro podium femenino en categoria absoluta da corta historia desde club, o cal foi conseguido por Cristina Pidre Loira, que acadou o 2º posto.

Por outra banda, destacar o 5º posto na xeral absoluta masculina de Diego González Martínez, o cal, despois dun paron pola sua paternidade, e con so unha semana de adestramentos de calidade de cara o campeonato de España de duatlon a celebrar en Segovia en 6 semanas, non foi capaz de seguir os primeiros, pero si de demostrarse a si mesmo que non perdeu de todo o seu estado de forma. Destacar tamén boa actuación de Pedro Gines (novo no club) e Francisco García (segundo clasificado do Km Pinarium en 2011). Polo que o futuro de C.D.Pinarium parece que se augura cheo de alegrías.