mércores, 9 de maio de 2012

3º POSTO SENIOR PARA DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ NO CTO. GALEGO DA MILLA EN RUTA 2012

 Na maña do Domingo 6 de Mayo tivo lugar no concello de Padrón o Campionato Galego de Milla en ruta e a milla Popular. Como non iba a ser doutro xeito, varios integrantes de C,D.Pinarium deronse cita nestas probas. Diego Gonzalez Martinez, presidente e integrante de Club Deportivo Pinarium acadou o 3º posto senior no campionato Galego e José Omil o 4º posto na milla popular despois dun moi apretado sprint no que José loitou polo 3º posto e no que  os xuices tiveron que utilizar a tecnoloxía para a decisión final. Destacar tamen os bos resultados de dous novos integrantes de C.D.Pinarium na carreira popular de Aios cun 3º  posto na categoria de veteranos de Antonio Pajariños, e un 1º posto na categoría Junior de Iago Morenza en O Pino.