luns, 29 de abril de 2013

Club Deportivo Pinarium entre os mellores equipos de España de Duatlon

O día 28 de Abril de 2013 foi un día histórico para o noso Club, pois 3 duatletas foron quenes de meter a este humilde club entre os 5 mellores equipos de Galicia e o 23 de España nos campionatos de España de duatlon disputados en Pontevedra. Así, Diego González Martinez con 1h56'23" (9º posto da súa categoria), Iago Morenza Perez con 1h58'48" (4º posto na sua categoría) e Pedo Alberto Gines 2h03'08" (26º posto da súa categoría). Destacar tamén que, tanto Diego González como Iago Morenza acadaron a clasificación para o Mundial de 2014 que terá lugar en España, concretamente en Pontevedra.

Boa actuación de Club Deportivo Pinarium no Campionato Galego e de España de Marathon en Coruña

Dous foron os representantes de Club Deportivo Pinarium na Marathon de Coruña a cal era campionato Galego e campionato de España desta distancia. Así, José Manuel Omil e Toneco Carballal foron quenes de rematar dita proba. Jose Omil baixou das 3 horas (2h59') e Toneco Carballal con poucas semanas de adestramentos fixo o propio rematando a proba en 3h35'. Paralela a esta proba de Maratón disputouse un 10.000 no que Iago Morenza acadaba un 4º posto en categoria Promesa.

mércores, 17 de abril de 2013

Grandiosa actuación de Club Deportivo Pinarium na 3ª Proba do circuito Galego de Duatlon de Estrada en Noia

A falta de duas semanas para o campionato de España de Duatlon de Estrada que este ano terá a súa sede en Galicia (Pontevedra), os integrantes de Club Deportivo Pinarium están rendindo a moi bo nivel. Así, este fin de semana, na disputa da 3ª Proba do circuito Galego de Duatlon de Estrada en Noia, Diego González Martínez foi quen de acadar un 5º posto na xeral en categoría élite, e Iago Morenza Perez o posto 13º, destacar que este último acadou o 1º posto en categoría Sub 23. Despois da disputa das tres probas puntuables para a xeral do Circuito Galego de Duatlon de Estrada en categoría Elite, temos que dar a noraboa a Diego González Martínez, pois foi quen de meterse entre os 10 mellores duatletas de todo Galicia, polo que situa a Club Deportivo Pinarium nunha moi boa posición no ranking nacional. Agora so resta asimilar todo o traballo feito ata o de agora polos tres deportistas (Diego González Martínez, Iago Morenza Perez e Pedro Alberto Gines Blanco) que representarán no Campionato de España de Duatlon a Club Deportivo Pinarium. Esperemos que poidan poñer en práctica a calidade que levan dentro. ¡¡¡ Moita sorte aos tres, e a ver se conseguimos a primeira medalla a nivel nacional para este club humilde, pero con gran calidade nas súas filas ¡¡¡¡

luns, 8 de abril de 2013

C.D.PINARIUM copa o podium por parellas na segunda proba do Circuito de Carreiras Populares de Pontevedra en Monteporreiro

Gran día para Club Deportivo Pinarium na mañá do Domingo 7 de Abril, pois 25 foron os participantes do club na segunda proba do circuito de carreiras Populares de Pontevedra. Destacamos o podium por parellas de: 1- Jose Omil-Ramón Silva (C.D.PINARIUM). 2-Francisco José Soage-Javier Rivas(C.D.PINARIUM). 3- José Fuentes-Gabino Edreira (C.D.PINARIUM)copando así os tres primeiros postos do caixón. Por outra banda, un non moi bo día de Diego González Martínez o cal encontrase nun periodo de moita carga de adestramentos, fixo que acadase o 5º posto senior (13 xenal absoluta), así como Juan Diaz que acadou una meritoria 6ª posición en categoría senior debido a que acarrea problemas físicos que non lle están deixando adestrar como el quisera e rendir ao máximo nivel. Noraboa a todos e a seguir medrando ¡¡¡



xoves, 4 de abril de 2013

Podium de Diego González Martínez para C.D.PINARIUM na XXXIV Clásica de Pascua en Padrón

Cunha participación de preto de 800 corredores, 450 en categoría absoluta, celebrabase na mañá do Sábado 28 de Marzo a XXXIV Clásica de Pascua de Padrón, unha das probas máis populares de todo Galicia baixo unha distancia de 13,3 kms e na que Diego González Martínez, seguindo coa súa particular posta a punto, acadou o 3 posto en categoría senior, 7 na xeral absoluta. Destacar tamén a boa actuación dos 12 integrantes de C.D.Pinarium que se desplazaron a Padrón para a disputa desta proba. Noraboa a todos ¡¡¡