venres, 14 de setembro de 2012

DOUS PODIUMS PARA DOUS NOVOS REFORZOS DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM

 Dous podiums foron os acadados por dous novos fichases de Club Deportivo Pinarium, así, Jacobo Gesto, ex compoñente de Saunier Duval acadou un meritorio 4º posto absoluto na xeral da II carreira da Auga UNICEF (Sada) e 2º Senior nunha carreira na que tomaron saida máis de 600 atletas de toda Galicia e un 2º posto na xeral para Miguel Piñeiro na Carreira Virxen da Guia 2012. Así, Club Deportivo Pinarium se vai armando con novos fichases que o ano que ven esperase amosen toda a calidade que levan dentro.


2ºposto de Miguel Piñeiro no trofeo Virxen da Guía

 
2º posto Senior de Jacobo Gesto na
II Carreira da auga UNICEF (Sada)

luns, 3 de setembro de 2012

DOUS 2OS POSTOS PARA C.D PINARIUM NA CARREIRA DE +10 MARÍN- MANUEL ROSALES CON DIEGO GONZALEZ E IAGO MORENZA

Club Deportivo Pinarium foi tamén profeta na sua terra e acadou dous segundos postos na carreira +10 Marin - Manuel Rosales. O corredor Iago Morenza Pérez consegueu rebaixar a sua propia marca persoal en 10.000 e meterse así no posto 14º da xeral final (2º Xunior). Por outra banda, Diego Gonázlez Martínez, despois de dous meses e medio sen competir, para afrontar o terceiro e último pico de forma da tempada, consegueu meterse nun excelente 6º posto da xeral final (2º Senior). Con estes resultados, Club Deportivo Pinarium vaixe consolidando como club a ter en conta dentro do atletismo galego.