xoves, 13 de xuño de 2013

Bos resultados de C.D.Pinarium na II Eurocidade 10, Valença - Tui

Como non podía ser doutro xeito, Club Deportivo Pinarium estivo representado na II Eurocidade 10, Valença - Tui nun percorrido que une cos seus 10 km España e Portugal. Destacar o 5º posto na xeral absoluta de Miguel Angel Piñeiro Grova, o cal está atravesando un bo momento de forma. Tamén forón da partida os hirmans Sobral (Javier e Fran), David Estevez e os inseparables Marcos Reissman e Diego Moledo. Noraboa a todos polo esforzo ¡¡

Club Deportico Pinarium Campion Galego Promesa de Carreiras de Montaña en Esgos (Ourense)

Club Deportivo Pinarium, continuando coa súa boa racha de resultados foin quen de alzarse vencedor no campionato Galego de carreiras de Montaña en categoría Promesa disputado outro ano máis no concello de Esgos (Ourense). Iago Morenza Pérez cun tempo de 1h07' foi o primeiro corredor na categoría promesa en cruzar a liña de meta situada a máis de 1.150 metros de altitude tras percorrer os 13 km de percorrido. Noraboa Iago ¡¡¡