luns, 17 de decembro de 2012

DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ PODIUM ABSOLUTO NA VII SUBIDA AO CASTRO 2012

Nunha maña desapacible de Domingo preto de 500 atletas foron os que desafiaron o mal tempo e as duras costas da VII Subida ao Castro de Vigo, tendo como resultado o terceiro posto de Diego Gonzalez Martinez (2senior), integrante de Club Deportivo Pinarium nesta tempada que non fixo mais q empezar e xa van dous os podiums acadados polo club. Por outra banda, hay que destacar que, neste fin de semana, en toda Galicia (Boiro, San Cibrao das Viñas, Ferrol, Vigo) Club Deportivo Pinarium tivo destacadas participacions en varias carreiras.
Nas duras escaleiras da subida ao Castro de Vigo
Podium Absoluto VII Subida ao Castro 2012