xoves, 16 de febreiro de 2012

Diego González Martínez consegue o primeiro triunfo do 2012 para C.P Pinarium na IV Carreira de San Brais

Unha boa participación na xa tradicional IV Carreira de San Brais en Pontevedra onde varios corredores de C.P Pinarium deronse  cita na tarde do sábado 4 de febreiro na categoría absoluta. Cun circuito moi exisente polas súas pronunciadas costas o que había que dar 4 voltas para recorrer unha distancia de 5530metros, o corredor Diego González Martínez, aproveitando a sua condición de bo subidor, foi capaz de alzarse coa victoria. Según palabras do propio corredor "Paseino mal nas baixadas, sobre todo na derradeira volta onde o alto ritmo fixo que me descolgara uns metros pero, despois de estudiar os meus rivais nas 4 voltas, tiven claro que si lograba aguantar baixando, era na subida cara a meta onde podría xogar as miñas bazas. Asi foi,  subindo fun capaz de recuperar o perdido na baixada e a falta de 50 mts puiden facer o cambio que me deu a victoria". 

Con esta victoria C.P Pinarium estrease neste 2012 e cerra unha semana histórica para o club, despois de acadar a licencia nacional de triatlon. En próximas fechas será a presentación oficial do equipo de triatlón no concello ante os medios.¡Boa sorte a esta nove sección!