domingo, 14 de maio de 2017

Lorena Patiño, campiona galega de duatlon escolar

O pasado 13 de Maio celebrouse o Campionato Galego de Duatlon Escolar na localidade de Tomiño onde o noso clube clasificaba a 4 nenos e nenas da escola municipal de triatlon de Marin.


Lorena Patiño proclamabase campiona galega en categoria benxamin onde tamén contabamos coa participación de Nagore Otero 14ª clasificada.
Lorena encabezaba a carreira na primeira transición, posto no que xa non abandonou e aprobeitando pra coller a maior vantaxe no sector de bici.

Pola parte masculina tamén en categoria benxamin Pablo Rosales tomaba a saida en finalizando en 14ª posición.

Xabien Rivero, que contaba coa clasificación directa pra este campionato, non participaria xa que se atopaba de excursion de fin de curso con seu colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario