domingo, 30 de abril de 2017

Frank Alexander Cruz segundo na Cronoescalada Talaso Atlantico

A localidade de Oia foi escenario da cronoescalada Desafio Talaso Atlantico e o Mnoasterio de Santa Maria de Oia o escenario elexido para dar saida o tramo cronometrado de esta proba cicloturista.

A saida dariase dende o Hotel-Spa Talaso Atlantico nun percorrido neutralizado ata a saida oficial en Santa Maria de Oia e con final no Alto da Groba, fin de Etapa da Volta a España.




Frank Alexander Cruz cruzaba a meta situada no alto en segunda posición da categoria de maiores de 30 e quinto na clasificación Xeral, proba na que vencia o corredor do Club Ciclista Cambre, Raul Fernandez.



Nesta proba de cararter cicloturista pero cun tramo cronometrado na categoria de Maiores de 30 tomarian saida Pablo Beis finalizando en 13ª posición e 42º na xeral acompañado de Fernando Jose Lorenzo 14º na categoria en 45º na xeral.




Pola sua parte Felix Sanchez acadaria o 19º posto en caretoria de Maiores de 40 e 49º posto na xeral.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario