martes, 4 de outubro de 2016

Homenaxeado da Pinga Pinga 2016


QUEN É “PANORAMIX”??

O homenaxeado esta 7ª edición da Carreira Pinga Pinga será Manuel Cruces Prado, alias Panoramix. Para a familia Pinarium é un gran referente. Un exemplo de vitalidade, digno de admirar sobre todo cos seus anos.


Facemos un breve resumo: Compañeiro do noso clube Pinarium desde 2013. Durante varias decadas foi quen de compaxinar a súa profesión de dermatólogo coa de deportista. Cando poucos coñecían e practicaban a modalidade de triatlón, o doutor Cruces xa competía a gran nivel. En todos estes anos acadou numerosos premios en España e no extranxeiro en triatlóns curtos e longos. Entre outros subcampión do mundo de aquatlon (2010) do seu grupo de idade, subcampión do mundo de triatlón de distancia longa (2012), campión de España en numerosas ocasións,…



Dende os seus anos mozos, xa na Coruña, destacaba como un gran nadador.



Foi mentor de triatletas que hoxe en día son internacionais. Un exemplo é Saleta Castro, triatleta pontevedresa que leva numerosos Ironman disputados e está clasificada para o Campionato do Mundo de Ironman en Kona (Hawaii).



Nos últimos anos practicou con asiduidade a modalidade de canicross (cross no que vas acompañado dun can. Si a sincronización e boa, o can soe ir diante e en moitos puntos faite correr máis rápido) Tamén practicou bikejoring (proba de bici de montaña na que vas acompañado do can, que como no canicross soe ir guiado diante da bici, remolcando, podería decirse). Estas modalidades apasionanlle. Se non adoptou nas últimas semanas ten 3 cans: Lío, Kim e a máis nova chámalle "Pinga"



Manuel Cruces, hai uns anos superou coa sua forza de vontade un grave accidente, que lle tivo unha larga temporada sin poder nin camiñar.


Actualmente "Panoramix" segue competindo. A pesar dos achaques habituais e lesións, segue dando moita batalla.


Leva un ano 2016 con moita competición. Só ollando a súa axenda xa nos suben as pulsacións. Entre outras participou no Campionato do mundo de Duatlón de Avilés,... Neste mes de setembro nadou 17 kms, na proba que vai de Cies a Baiona e a semana seguinte nadou a travesía de A Coruña de 10 kms, fixo hai un mes a travesía de Raxó a Aguete,…

Polo seu palmarés, pola súa traxectoria e a súa historia "de película" dende o clube queremos recoñecer os méritos e o esforzo deste veterán, con folgos de xuvenil.

Personalmente non vou dicir a frase típica "de maior quero ser como él", pero si querría ter a metade da súa vitalidade.

O 8 de outubro o noso compañeiro estará con nós na VII Carreira Pinga Pinga. Non vos perdades esta gran festa do deporte!!!


Organización Carreira Pinga Pinga 2016 (C.D. Pinarium)

Ningún comentario:

Publicar un comentario