luns, 19 de novembro de 2012

Victoria de Club Deportivo Pinarium no Primeiro Cross Trail Parque de San Roque en Ribeira e no Duatlon de Orientación de Tol (Castropol) da Liga Prugastur

Fin de semana de éxito para Club Deportivo Pinarium con varias victorias en distintas disciplinas.  Así, con menos dun mes dende que dou comezo esta tempada 2012/2013 dous novos fichajes para esta campaña Teresa Barreira Salgado "Tere" e Jose Antonio Torviso "Torvy" gañaban en categoria feminina e masculina o Duathlon de orientación de Tol (Castropol) da Liga Prugastur. 



Maria Teresa Barreira Salgado
 
 

Jose Antonio Torviso Berdeal

Por outra banda, Diego Gonzalez Martinez, despois de deixar o Real Club Celta de Vigo de Atletismo federado para volcarse de pleno este ano co Club Deportivo Pinarium tanto en probas federadas como en probas populares e despois de 3 semanas de merecido descanso e contra todo pronóstico, comezou este inicio de tempada 2013 gañando a I edición do Cross Trail Parque de San Roque en Ribeira, proba de 6km con duras costas máis propias dunha carreira Montaña e que decidiron o desenlace final da mesma. Parece que este ano os bos resultados estanse a dar antes do esperado...esperemos que siga a racha.



Diego Gonzalez Martinez no podium como primeiro clasificado

Ningún comentario:

Publicar un comentario