martes, 21 de maio de 2013

Club Deportivo Pinarium acada o Subcampionato Galego de Milla en Ruta 2013 en categoría promesa en Padron

Como non ia a ser doutro xeito, Club Deportivo Pinarium estivo ben representado por varios integrantes no Campionato Galego de Milla en Ruta 2013 disputado en Padrón nun circuito xa clásico para esta cita. Así, Iago Morenza Perez acadou un meritorio 2º posto en categoría Promesa que non fai máis que confirmar o seu bo estado de forma. Tamén destacar o 4º posto por segundo ano consecutivo na milla popular dun combativo José Omil, o cal, ainda coas pernas doloridas despois da maraton de Coruña, foi quen de rendir a bo nivel na milla Popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario