mércores, 7 de maio de 2014

PODIUM POR EQUIPOS DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NA CARREIRA FEDERADA DE PASCUA EN PADRON

A Semana Santa non foi semana de descanso para Club Deportivo Pinarium e varios dos seus membros se desprazaron a Padrón para desputar a famosa Carreira de Pascua na que o obxectivo principal era acadar unha boa posición por equipos e o cal non poido ter mellor desenlace, pois a suma de todos os corredores do club fixo que Club Deportivo Pinarium subise en segunda posición ao podium por equipos, ante un equipo como o Atletismo Sar A Poutada, rival con nomes como o de Uxio Abuin, triatleta internacional que está a participar en probas de copa do mundo e que a prol seria o vencedor da proba. Destacar por outro lado o merecido podium na súa categoría de José Oimil (3º Senior). Tamén destacamos o 2º posto acadado por Pablo Rosales Gallego en categoría prebenjamin, o que demostra que o relevo está garantizado. Noraboa a todos ¡¡¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario