xoves, 7 de outubro de 2010

PINGA-PINGA NO DIARIO DE PONTEVEDRA

CERRADA A INSCRIPCION DA PINGA- PINGA 2010 CON MAIS DE 750 INSCRITOS

Ás 23:59 horas do Xoves 7, rematou o prazo de inscrición da PINGA-PINGA 2010. A cifra exacta dos atletas anotados na I CARREIRA POPULAR PINGA-PINGA  2010 é de 523 corredores na categoría absoluta, ademáis de 234 de categorías inferiores . O que fai un total de 757 corredor@s de diversos lugares da nosa xeografía. Dende a organización, estamos máis que satisfeitos co ritmo que levaron as inscricións. Recordamos que o prazo xa está cerrado e lamentamos se hai xente que non puido incribirse dentro de prazo. O ano que ven esperamos contar con vos. Agraderlle, por outro lado, a todos os inscritos que escollérades a nosa carreira, pois non sempre se corre a primeira edición dunha carreira como esta.

martes, 28 de setembro de 2010

APOIANDO A PINGA-PINGA

A carreira PINGA-PINGA non ten fronteiras, dende gañador da Volta Ciclista a España, Vincenzo Nibali (abaixo-esquerda), Álvaro Pino (arriba-esquerda), Pedro Delgado (arriba-centro), o dúas veces olímpico (Atenas 2004 e Pekín 2008) e campeón de Europa entre outras cousas, Chema Martínez (abaixo-centro), Víctor Riobó, destacado corredor marinense (abaixo-dereita) e Carlos Sastre (arriba-dereita) quixeron apoiar a Carreira posando co cartaz da Carreira.

martes, 14 de setembro de 2010

domingo, 12 de setembro de 2010

CLASIFICACIÓNS DA I CARREIRA PINGA-PINGA

ABSOLUTA MASCULINA:

  1. Rafael Fuentes (Universidad de Oviedo) 22:21
    Consulta da clasificación
  2. Elías Domínguez (C. de Corredores Vig-Bay) 22:24
  3. Robertas Geralavicius (S. Gimnástica de Pontevedra) 22:29
  4. Akka Essadaqui (Interrrunning Team) 23:09
  5. Víctor Riobó (P. Playas de Jandía) 23:16

ABSOLUTA FEMENINA:

  1. Andrea Solange (P. Playas de Jandía) 26:18
  2. María Jesús Gestido (P. Playas de Jandía) 26:35
  3. Raquel Suárez (Oviedo Atletismo) 28:10
  4. Isabel Sáez (Ourense AT. Academia Postal) 29:04
  5. Beatriz Fernández (Vila de Cangas) 29:26
Máis resultados

venres, 13 de agosto de 2010

A PINGA- PINGA EN CORRER EN GALICIA

Correr en Galicia, é un dos mellores foros que existen a nivel de atletismo Galego. A PINGA-PINGA tamén se fai notar nel en dúas vertentes: o calendario e o foro. Aquí están os enlaces:



Preme na imaxe superior para entrar na web de "Correr en Galicia" en na Pinga se queres entrar no foro da  carreira.

sábado, 7 de agosto de 2010

xoves, 27 de maio de 2010

I CARREIRA PINGA- PINGA

Xa está todo en marcha para que o vindeiro 9 de outubro se celebre en San Tomé, concello de Marín, a I edición da carreira PINGA-PINGA. Xa estamos soamente a 2 meses para o evento.
Xa estamos en condicións de adiantar que esta carreira coincidirá coa celebración da XII Festa da Sidra e da Mazá, o que supón unha expectación ao máis alto nivel xa que é unha das Festas máis concorridas de Galicia. O percorrido será un sube e baixa continuo polos camiños deste lugar natural e cheo de beleza. Tamén dicir que esta carreira contará coa participación de deportistas de alto nivel ben para competir ou ben para apoiar o evento. Así, xa temos a confirmación do atleta Víctor Riobó.
Denomínase a esta carreira Pinga-Pinga por ser o nome dunha das fontes existentes no lugar e estar situada no definido trazado da competición. Ademais, a etimoloxía do nome dá lugar a unha longa variedade de interpretacións representativas non só da proba senón tamén do contexto psico-social das xentes e paisaxes do lugar.
En definitiva, que se están colocando as bases para que esta carreira sexa unha cita ineludible no calendario dos milleiros de atletas que cada ano corren por toda a nosa xeografía