mércores, 25 de abril de 2012

3º POSTO SENIOR DE DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ NA I EDICION DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE POIO

Club Deportivo Pinarium segue coa sua colleita de bos resultados nesta tempada 2012, e na maña do domingo 22 de Marzo de 2012 varios compoñentes do club deronse cita na I carreira popular concello de Poio donde Diego Gonzalez Martinez conseguiu o 3 posto da categoria senior por detrás do segundo clasificado Juan Sebastian e do vencedor da proba, o marroquí Akka Esadauqui. Destacar o meritorio 25º posto na xeral de Jose Omil, o cal está saindo dunha lesión.

xoves, 22 de marzo de 2012

Primeiro podium dunha femina absoluta para C.D Pinarium con Cristina Pidre Loira e 5º posto absoluto masculino para Diego González Martínez na XXVII carreira popular de Dena 2012

Na maña fresca do Domingo 18 de Marzo de 2012 varios integrantes de C.D.Pinarium deronse cita no concello de Meaño para percorrer os 7,930 kms da XXVII carreira popular de Dena cun circuito rompepernas que deu a C.D.Pinarium o primeiro podium femenino en categoria absoluta da corta historia desde club, o cal foi conseguido por Cristina Pidre Loira, que acadou o 2º posto.

Por outra banda, destacar o 5º posto na xeral absoluta masculina de Diego González Martínez, o cal, despois dun paron pola sua paternidade, e con so unha semana de adestramentos de calidade de cara o campeonato de España de duatlon a celebrar en Segovia en 6 semanas, non foi capaz de seguir os primeiros, pero si de demostrarse a si mesmo que non perdeu de todo o seu estado de forma. Destacar tamén boa actuación de Pedro Gines (novo no club) e Francisco García (segundo clasificado do Km Pinarium en 2011). Polo que o futuro de C.D.Pinarium parece que se augura cheo de alegrías.

xoves, 16 de febreiro de 2012

Diego González Martínez consegue o primeiro triunfo do 2012 para C.P Pinarium na IV Carreira de San Brais

Unha boa participación na xa tradicional IV Carreira de San Brais en Pontevedra onde varios corredores de C.P Pinarium deronse  cita na tarde do sábado 4 de febreiro na categoría absoluta. Cun circuito moi exisente polas súas pronunciadas costas o que había que dar 4 voltas para recorrer unha distancia de 5530metros, o corredor Diego González Martínez, aproveitando a sua condición de bo subidor, foi capaz de alzarse coa victoria. Según palabras do propio corredor "Paseino mal nas baixadas, sobre todo na derradeira volta onde o alto ritmo fixo que me descolgara uns metros pero, despois de estudiar os meus rivais nas 4 voltas, tiven claro que si lograba aguantar baixando, era na subida cara a meta onde podría xogar as miñas bazas. Asi foi,  subindo fun capaz de recuperar o perdido na baixada e a falta de 50 mts puiden facer o cambio que me deu a victoria". 

Con esta victoria C.P Pinarium estrease neste 2012 e cerra unha semana histórica para o club, despois de acadar a licencia nacional de triatlon. En próximas fechas será a presentación oficial do equipo de triatlón no concello ante os medios.¡Boa sorte a esta nove sección!

sábado, 17 de decembro de 2011

BO COMEZO DA TEMPADA 2012 PARA C.D.PINARIUM TRAS UN 3º POSTO DE DIEGO GONZALEZ MARTINEZ NA " I Carreira Solidaria Nocturna Bembrive "

Despois de varias carreiras por toda a xeografía Galega (Lestrove, Vigo + 11, Media Marathon de Pontevedra, Pedestre de Santiago, San Martiño de Ourense, San Martiño de Bueu) e menos de 2 meses de competicións nesta tempada na que os integrantes de CLUB DEPORTIVO PINARIUM estiveron representando en gran número a dito club, este fin de semana acadouse o primeiro podium da tempada na I CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE (VIGO) por parte de Diego González Martínez.
                                 
Integrantes do C.D Pinarium na pedestre de Santiago 2011

A Carreira tivo moi bo ambiente e gran participación, na que primaba o fin benéfico da mesma, que no era outro que axudar aos máis necesitados cun kg de alimento a entregar coa inscripción.

Este éxito de CLUB DEPORTIVO PINARIUM chega antes do esperado, e antes do primeiro podium acadado na tempada pasada 2011 na IV Carreira Popular Mar de Boiro, polo que a previsión para este ano augura mellores resultados.

E de destacar tamén o gran número de corredores do club que este ano están disputando o KM PINARIUM e dende a Xunta Directiva anímase a que máis xente loite polo codiciado trofeo da PINGA, que se dará o corredor que acumule máis Kms en carreiras representando a dito club.

Por outro lado, destacar que este ano se prevee crear as seccions de TRIATLÓN e DUATLÓN dentro de C.D.PINARIUM. nas que xa temos a varios integrantes entrenando, cada quen para acadar os seus obxectivos persoais e do propio club . Se queredes contactar con nos para formar parte do club en ditas disciplinas ou nas xa existentes, podedes facelo na dirección de correo diego.gonzalez@pinarium.com

Un saudo!

mércores, 28 de setembro de 2011

DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ 8º CLASIFICADO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE DUATLÓN DISPUTADO EN ESPAÑA

 O Presidente e corredor de Club Deportivo Pinarium, Diego González Martínez o cal este ano estivo en varias carreiras representando as cores do noso club antes de fichar polo Real Club Celta de Vigo de Atletismo para disputar probas de atletismo federado e polo Club Atletismo Mandarache de Cartagena para disputar o Mundial de Duatlón, acadou o 8º posto na categoría de grupos de edad nos campionatos do mundo de duatlón na modalidadde de Duatlón Sprint. É de destacar que era o seu terceiro duatlón en 3 anos, e que chegou a esta cita cunha preparación específica de tan só 8 semanas. Según declaracions do propio corredor " Tiven que pedir prestada unha bicicleta e unhas zapatillas para poder correr con garantias de non ter problemas mecánicos, pois a miña bicicleta e o material que dispoñía xa quedara obsoleto despois de deixar o mundo do ciclismo de competición facía xa 9 anos" polo que o mérito do posto acadado e maior.


¡¡¡ NORABOA DIEGO, O ANO QUE VEN A POLO CAMPIONATO DO MUNDO A DISPUTAR EN FRANCIA ¡¡¡

luns, 12 de setembro de 2011

Diego González, 2º clasificado na Milla Urbana de Bueu e 4º na cronoescalada de Breamo

A duas semanas para a disputa do campeonato do mundo de duatlon, o corredor do Club Deportivo Pinarium Diego Gonzalez Martinez ultima a súa preparación facendo muy bos postos en duas competicións. Similares polo esforzo que requiren pero distintas polo medio empregado para a súa realización, carreira a pé e bicicleta, o atleta demostra una boa forma física  para afrontar este gran reto na sua carreira deportiva., disputar o título como mellor duatleta do mundo.

¡Moita sorte Diego!

martes, 30 de agosto de 2011

Victoria de club deportivo Pinarium en Sanxenxo

O corredor integrante do Club deportivo Pinarium, Diego González Martínez, vence a milla urbana de Sanxenxo en categoria de non federados. Francisco García Soage fai o quinto posto na mesma carreira. A posta a punto para o campeonato do mundo de duatlon, que se celebrará este ano en España e na que un integrante do Club deportivo Pinarium (Diego González Martínez) participará  dentro de catro semanas, vai por bo camiño.
Xa para rematar e amosando o bo compañeirismo do club, Guillermo foi o encargado de recoller o trofeo lucir a camiseta do club no máis alto do podium.

luns, 6 de xuño de 2011

O club deportivo Pinarium consegue a sua cuarta victoria

O corredor do club deportivo Pinarium, Diego González Martínez, alzouse gañador da V Carreira Popular solidaria  Santiago 2011.

Con esta xa son catro as victorias que acada este club nesta tempada.

xoves, 26 de maio de 2011

Novo éxito do club deportivo Pinarium na X Carreira popular de Moaña

O corredor  da categoria xuvenil  Marcos Fernández Garcia, obtivo o segundo posto na  X Carreira popular de Moaña celebrada o 14 de maio de 2011.
                                       

Destacar tamén o 6º posto na proba para  Diego González Martínez na categoria xeral.  O club deportivo Pinarium esta acadando grandes resultados nesta tempada colocándose nos postos máis altos da táboa en varias ocasións.  NORABOA!

luns, 9 de maio de 2011

Club Deportivo Pinarium campión galego da I Milla Urbana popular de Padrón

O domingo 8 de maio desputouse a I Milla Urbana Popular en Padrón. Cun total de 1609 km homologados o corredor Diego González Martínez, do club deportivo Pinarium conseguiu o primeiro posto na proba.

Este e, sen dubida un bo ano para o club. No seu primeiro ano na competición , os seus corredores conseguen manterse nos primeiros postos da clasificación. Noraboa a todos!


luns, 27 de decembro de 2010

PRIMEIRO PODIUM PARA O CLUB DEPORTIVO PINARIUM

Con menos dun ano de vida e con tan só un mes de competicions, o Club Deportivo Pinarium obtivo o seu primeiro podium nesta tempada. O seu corredor, Diego González Martínez acadou o terceiro posto na VI Carreira Popular Mar de Boiro. Rubén Caamaño do clube de atletismo Sar A Poutada e Marianela Mayo, de Esteiro, foron os vencedores absolutos da carreira.
                   
Recordámoslles a todolos corredores que poden anotarse no” Km Pinarium” para ir sumando kilómetros nas competicións que participen. O corredor que obteña máis kilometros faráselle entrega dun fantástico trofeo de edición limitada coma o  gañador da PINGA-PINGA 2011. Para máis información sobre as bases pinchade en KM PINARIUM

xoves, 7 de outubro de 2010

PINGA-PINGA NO DIARIO DE PONTEVEDRA

CERRADA A INSCRIPCION DA PINGA- PINGA 2010 CON MAIS DE 750 INSCRITOS

Ás 23:59 horas do Xoves 7, rematou o prazo de inscrición da PINGA-PINGA 2010. A cifra exacta dos atletas anotados na I CARREIRA POPULAR PINGA-PINGA  2010 é de 523 corredores na categoría absoluta, ademáis de 234 de categorías inferiores . O que fai un total de 757 corredor@s de diversos lugares da nosa xeografía. Dende a organización, estamos máis que satisfeitos co ritmo que levaron as inscricións. Recordamos que o prazo xa está cerrado e lamentamos se hai xente que non puido incribirse dentro de prazo. O ano que ven esperamos contar con vos. Agraderlle, por outro lado, a todos os inscritos que escollérades a nosa carreira, pois non sempre se corre a primeira edición dunha carreira como esta.

martes, 28 de setembro de 2010

APOIANDO A PINGA-PINGA

A carreira PINGA-PINGA non ten fronteiras, dende gañador da Volta Ciclista a España, Vincenzo Nibali (abaixo-esquerda), Álvaro Pino (arriba-esquerda), Pedro Delgado (arriba-centro), o dúas veces olímpico (Atenas 2004 e Pekín 2008) e campeón de Europa entre outras cousas, Chema Martínez (abaixo-centro), Víctor Riobó, destacado corredor marinense (abaixo-dereita) e Carlos Sastre (arriba-dereita) quixeron apoiar a Carreira posando co cartaz da Carreira.

martes, 14 de setembro de 2010

domingo, 12 de setembro de 2010

CLASIFICACIÓNS DA I CARREIRA PINGA-PINGA

ABSOLUTA MASCULINA:

  1. Rafael Fuentes (Universidad de Oviedo) 22:21
    Consulta da clasificación
  2. Elías Domínguez (C. de Corredores Vig-Bay) 22:24
  3. Robertas Geralavicius (S. Gimnástica de Pontevedra) 22:29
  4. Akka Essadaqui (Interrrunning Team) 23:09
  5. Víctor Riobó (P. Playas de Jandía) 23:16

ABSOLUTA FEMENINA:

  1. Andrea Solange (P. Playas de Jandía) 26:18
  2. María Jesús Gestido (P. Playas de Jandía) 26:35
  3. Raquel Suárez (Oviedo Atletismo) 28:10
  4. Isabel Sáez (Ourense AT. Academia Postal) 29:04
  5. Beatriz Fernández (Vila de Cangas) 29:26
Máis resultados

venres, 13 de agosto de 2010

A PINGA- PINGA EN CORRER EN GALICIA

Correr en Galicia, é un dos mellores foros que existen a nivel de atletismo Galego. A PINGA-PINGA tamén se fai notar nel en dúas vertentes: o calendario e o foro. Aquí están os enlaces:



Preme na imaxe superior para entrar na web de "Correr en Galicia" en na Pinga se queres entrar no foro da  carreira.

sábado, 7 de agosto de 2010

xoves, 27 de maio de 2010

I CARREIRA PINGA- PINGA

Xa está todo en marcha para que o vindeiro 9 de outubro se celebre en San Tomé, concello de Marín, a I edición da carreira PINGA-PINGA. Xa estamos soamente a 2 meses para o evento.
Xa estamos en condicións de adiantar que esta carreira coincidirá coa celebración da XII Festa da Sidra e da Mazá, o que supón unha expectación ao máis alto nivel xa que é unha das Festas máis concorridas de Galicia. O percorrido será un sube e baixa continuo polos camiños deste lugar natural e cheo de beleza. Tamén dicir que esta carreira contará coa participación de deportistas de alto nivel ben para competir ou ben para apoiar o evento. Así, xa temos a confirmación do atleta Víctor Riobó.
Denomínase a esta carreira Pinga-Pinga por ser o nome dunha das fontes existentes no lugar e estar situada no definido trazado da competición. Ademais, a etimoloxía do nome dá lugar a unha longa variedade de interpretacións representativas non só da proba senón tamén do contexto psico-social das xentes e paisaxes do lugar.
En definitiva, que se están colocando as bases para que esta carreira sexa unha cita ineludible no calendario dos milleiros de atletas que cada ano corren por toda a nosa xeografía