luns, 18 de febreiro de 2013

Victoria con autoridade de Diego González na xeral individual e de C.D.Pinarium na xeral por clubes en Lestedo (Santiago)

O Sábado 16 de Febreiro de 2013 e nunha maña soleada Club Deportivo Pinarium segueu agrandando a súa corta historia conseguindo o seu primeiro título por clubs na I Edición da Carreira da Filloa en Lestedo (Santiago). Sete foron os integrantes de C.D.Pinarium que fixeron posible esta victoria (Santiago Solla, Toneco Carballal, José Omil, Ramon Silva, Miguel Piñeiro, Iago Morenza e Diego González) meténdose 5 de eles entre os 15 primeiros da xeral de mais de 250 participantes.  A carreira constaba de 8,5 kms cunha subida na parte central da carreira (km 3 a km 5,2) de forte pendiente que tocaba o pico Sacro e que foi a que decidiu o desenlace final da proba. Así, destacar a victoria na carreira de Diego González, que según as súas declaracion " …días antes, o ser coñecedor da existencia da subida, plantexei a estratexia de aproveitar a mesma para lanzar o ataque e coller a ventaxa suficiente para administrala ata a meta, pero era consciente de que restaban 3,5 kms de terreo chan e baixada dende o pico Sacro ata a meta, polo que, ainda que pareceu unha victoria fácil dende o punto de vista do espectador, para nada foi así, pois o esforzo que fixera na subida pasou algo de factura na baixada…".Con esta dobre victoria, C.D.Pinarium non so fai historia, senón que colle confianza de cara as citas importantes que están por chegar. Moito animo a tódolos Pinarium que cada fin de semana fan máis grande o nome deste club, humilde pero cuns principios moi fortes de "compañeirismo" e "unión do grupo" ¡¡¡
Podium Absoluto con Diego González Martínez como gañador da Carreira
C.D.Pinarium recollendo o premio de 1º Equipo Clasificado 
Integrantes de C.D.Pinarium antes da saida

Gracias a Xaime Cortizo polas fotografías


mércores, 6 de febreiro de 2013

Gran actuación de C.D. Pinarium na Primeira Proba do CCCP en San Brais

No Sábado 2 de Febreiro deu comezo o Circuito de Carreiras de Pontevedra CCCP, que arranca neste ano con 6 probas puntuables (San Brais, Monteporreiro, Nocturna Pontevedra, Santiaguiño do Burgo, Campañó, Media Maraton de Pontevedra). Foron moitos os membros de Club Deportivo Pinarium que se acercaron a Salcedo para disputar a primeira proba do circuito donde Diego González Martínez acadou o 7º porto da xeral (2º Senior) de máis de 320 participantes.

Diego González Martínez no podium da categoría Senior

Membros de C.D.Pinarium que se deron cita en San Brais
.



luns, 4 de febreiro de 2013

Quinto posto de C.D.Pinarium na xeral do circuito Galego de Duatlon Cross

Despois das catro probas puntuables do circuito Galego de duatlon Cross (Ribadumia,  Beariz, Candean, Maside) Maria Teresa Barreira Salgado "Tere" acada unha quinta praza moi meritoria tras concluir entre as catro primeiras todas as probas. Por outra banda, Jose Antonio Torviso cosegue o posto 34 da xeran final do circuito elite Galego de duatlon crosse e afina así a sua preparación para as probas de orientación e os duatlos de carreteira na que Galicia está a un nivel moi alto. Noraboa aos dous duatletas !!!

Maria Teresa Barreira Salgado "Tere" na carreira a pé

luns, 28 de xaneiro de 2013

C.D.Pinarium acada o cuarto posto na terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean

Na maña de onte, e baixo una inmensa choiva levouse a cabo a disputa da terceira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Candean, na que dous membros de C.D.Pinarium volveron a desafiar as inclemencias meteorolóxicas que levamos tendo neste mes de Enero.

Así, Maria Teresa Barreira Salgado "Tere", acadou un meritorio Cuarto posto, xa que unha intratable Aida Valiño, corredora que non participara nas probas anteriores, dou unha exibicion vencendo con autoridade esta proba. E de destacar a regularidade de Tere, pois o seu cuarto posto non fai máis que afianzar a súa posición na xeral que segundo os regulamentos do circuito Galego nestes momentos e a falta dunha proba para o seu remate, atopase na segunda posición na xeral.

O estado no que se atopaba o circuito dalle máis valor a ese cuarto posto de Tere, pois foron varias as caidas e os abandonos. Así,   José Antonio Torviso "Torvi" cando se atopaba en plena remontada en BTT (o seu punto fuerte) na última volta deste sector, deu co seu corpo no chan nunha baixada de barro coa consecuente avería mecánica. E de destacar as agallas deste corredor, o cal non se deu por vencido e quiso rematar a proba como puido acadando o posto 42 na xeral. Dende Club Deportivo Pinarium non nos cabe máis que dar a !!Noraboa!! a estes dous loitadores.

José Antonio Torviso "Torvi"

Mª Teresa Barreira Salgado "Tere"

C.D.Pinarium undecimo no campionato Galego Absoluto de Cross en Ribeira

Xa e habitual ver a C.D.Pinarium entre os mellores clubes de Galicia, e como non puido ser doutro xeito, nunha maña fría e chuviosa de Enero e cun circuito totalmente embarrado, 5 membros de C.D.Pinarium (Diego Gonzalez, Iago Morenza, Jose Omil, Xurso Rodal e Fiz Alvarez) se deron cita no Pinar de Couto en Ribeira acadando o posto 11 por equipos en categoría absoluta. Destacar o posto 10 de Iago Morenza na categoría Promesa e que en categoría Absoluta se estivo por enriba de clubes como o R.C. Celta de Vigo. A seguir traballando coa mesma humildade.

Equipo C.D. Pinarium despois da proba

Saida campionato Galego Absoluto de Cross

luns, 21 de xaneiro de 2013

C.D.Pinarium entre os mellores equipos de Galicia nos Campionatos Galegos de Cross Curto por equipos

Bos resultados de Club Deportivo Pinarium nos Campionatos Galegos de Corss Curto por equipos (4 kms) disputado no Monte do Gozo en Santiago de Compostela, acadando un meritorio posto 13 por clubes no seu debut neste tipo de probas de caracter federado. A vindeira semana e coa experiencia deste fin de semana, C.D.Pinarium acudirá aos campionatos Galegos de Cross Longo (11kms) a desputar en Ribeira o 27 de Enero de 2013. Sorte a todos !!!

Equipo C.D. Pinarium no Campionato Galego de Cross Curto

Equipo C.D. Pinarium depois da proba


Podium de C.D.Pinarium na Segunda Proba do Circuito Galego de Duatlon Cross


Club Deportivo Pinarium segue facendo historia na súa curta vida como club federado pola Federación Española de Triatlón, pois neste fin de semana, tras a cicloxenese explosiva que asolou Galicia, María Teresa Barreira Salgado "Tere" acadou un meritorio terceiro posto na segunda proba do circuito galego de Duatlón Cross de Beariz. Con este podium afianzase no terceiro posto da xeral do circuito Galego a falta de tres probas. Por outra banda, en categoría Masculina, destacar o posto 19 de José Antonio Torviso Berdeal, o cal esta experimentando unha notable progresión, xa que, o igual que "Tere", ten acadado xa con este posto a clasificación para a disputa do campionato Galego de Duatlon Corss que este ano será en Pontevedra.

Maria Teresa Salgado recollendo o trofeo a Terceira clasificada

Jose Antonio Torviso na sección de BTT




luns, 14 de xaneiro de 2013

Podium de C.D.Pinarium na primeira proba do circuito Galego de Duatlon Cross en Ribadumia


Bo comezo de tempada duatlética de Club Deportivo Pinarium na mañá do Domingo 13 de Enero de 2013, xa que, despóis dunha carreira moi desputada nun circuito moi embarrado pola choiva caida o longo da semana, Teresa Barreira Salgado, acadou, tras facer unha moi boa transición en BTT, o terceiro posto da xeral absoluta feminina do I Duatlon Cross concello de Ribadumia, correspondente ao circuito Galego de Duatlon Cross 2013. Destacar tamen o debut nesta modelidade de Jose Antonio Torviso, Francisco Jose Garcia Soage e Diego Moledo, polo que auguramos unha moi boa tempada para todos eles.


Podium Feminino coa terceira clasificada Teresa Barreira Salgado
Integrantes do C.D. Pinarium
Integrantes do C.D. Pinarium



luns, 17 de decembro de 2012

DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ PODIUM ABSOLUTO NA VII SUBIDA AO CASTRO 2012

Nunha maña desapacible de Domingo preto de 500 atletas foron os que desafiaron o mal tempo e as duras costas da VII Subida ao Castro de Vigo, tendo como resultado o terceiro posto de Diego Gonzalez Martinez (2senior), integrante de Club Deportivo Pinarium nesta tempada que non fixo mais q empezar e xa van dous os podiums acadados polo club. Por outra banda, hay que destacar que, neste fin de semana, en toda Galicia (Boiro, San Cibrao das Viñas, Ferrol, Vigo) Club Deportivo Pinarium tivo destacadas participacions en varias carreiras.
Nas duras escaleiras da subida ao Castro de Vigo
Podium Absoluto VII Subida ao Castro 2012

xoves, 29 de novembro de 2012

VICTORIA DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM NO I DUATLON TRAIL DE RIBEIRA EN CATEGORIA FEMINAS ABSOLUTA

Na mañá do Domingo 25 de Novembro e coa disputa do I Duatlon Trail de Ribeira, Club Deportivo Pinarium acadou unha nova victora en categoría de feminas absoluta de mans de Teresa Barreira Salgado que xa dende o inicio imprimiu un forte ritmo en bicicleta de montaña o cal non puido ser seguido polas suas perseguidoras. ¨Tere¨ entrou na meta con 1h35´ e sacoulle máis de 12 minutos a segunda clasificada. Por outra banda, en categoría masculina José Antonio Torviso acadou un meritotio posto 16 na xeral depois de ter varios percances mecánicos. Así, a preparación de estes dous duatletas vai por moi bo camiño de cara ao inicio do calendario Nacional, no cal desexamos estñen moi arriba.

Maria Teresa Barreira Salgado

luns, 19 de novembro de 2012

Victoria de Club Deportivo Pinarium no Primeiro Cross Trail Parque de San Roque en Ribeira e no Duatlon de Orientación de Tol (Castropol) da Liga Prugastur

Fin de semana de éxito para Club Deportivo Pinarium con varias victorias en distintas disciplinas.  Así, con menos dun mes dende que dou comezo esta tempada 2012/2013 dous novos fichajes para esta campaña Teresa Barreira Salgado "Tere" e Jose Antonio Torviso "Torvy" gañaban en categoria feminina e masculina o Duathlon de orientación de Tol (Castropol) da Liga Prugastur. 



Maria Teresa Barreira Salgado
 
 

Jose Antonio Torviso Berdeal

Por outra banda, Diego Gonzalez Martinez, despois de deixar o Real Club Celta de Vigo de Atletismo federado para volcarse de pleno este ano co Club Deportivo Pinarium tanto en probas federadas como en probas populares e despois de 3 semanas de merecido descanso e contra todo pronóstico, comezou este inicio de tempada 2013 gañando a I edición do Cross Trail Parque de San Roque en Ribeira, proba de 6km con duras costas máis propias dunha carreira Montaña e que decidiron o desenlace final da mesma. Parece que este ano os bos resultados estanse a dar antes do esperado...esperemos que siga a racha.



Diego Gonzalez Martinez no podium como primeiro clasificado

luns, 15 de outubro de 2012

Exito de Club Deportivo Pinarium na Organización da Carreira Pinga Pinga 2012-Homenaxe a David Cal


Xa son tres as edicions dunha carreira que busca a súa consolidación, e como non ia a ser doutro xeito, os máis de 60 voluntarios tentaron que Santomé foxe grande por un día, e así foi. As 16:15 da tarde, dábase a saida de mans do medallista olimpico Español con mais medallas olimpicas da historia, David Cal, a carreira de menores cunha gran participacion (mais de 300 nenos), para dar paso a carreira Absoluta, na que, antes da saida, o Presidente de Club Deportivo Pinarium, Diego Gonzalez Martinez en nome do club quiso agradecer a David o bo facer como persoa e deportista da sua carreira, e físolle entrega do trofeo da Pinga Pinga. No meramente deportivo os gaÑadores deste ano en categoria absoluta foron:
Xeral Masculina:
1º- Rafael Fuentes Lubian (sociedad gimnasttica de Pontevedra) 22'50" ;
2º-Jose Antonio Requejo Santos (C.A.Murcia) 23'22";
3º- Hugo Loureiro Cerqueira (Ourense At.  Academia Postal) 24'04.
Xeral Femenina:
1ª- Agueda Ofelia Blanco Perez (Comesaña Sporting Club) 27'04";
2ª- Leticia Fernandez Barbosa (Ourense At. Academia Postal) 27'28";
3ª- Isabel Saez Batallan (Ourense At. Academia Postal) 29'06"  

Diego González (Presidente del C.D. Pinarium) facendo entrega do trofeo Pinga-Pinga ó homenaxeado David Cal

Gran fin de semana para Club Deportivo Pinarium


Coincidindo coa organización do evento máis importante do club, a Carreira Pinga Pinga 2012, foron varios os bos resultados colleitados nesta ponte do Pilar por integrantes do club. Así, o presidente e integrante do club, Diego Gonzalez Martinez consegueu un 2º posto da xeral na mañá do vernes nos 10kms da XXVIII carreira da amizade de Bembrive que se decidiron no ultimo km, en dura pugna con Pablo Regadas, integrante do R.C.Celta Atletismo. Xa na tarde do sábado, día esperado por todos pola celebración da Pinga Pinga, Club Deportivo Pinarium consegue o 1 posto como equipo mais numeroso en rematar a proba, tendo a tres integrantes entre os 20 primeiros da Xeral final (Diego Gonzalez - 7º clasificado absoluto e 3º senior, Iago Morenza Perez - 12º clasificado na xeral e 3 xunior, Jose Omil Iglesias - 18º clasificado da xeral e 7º Senior). Con estes resultados, Club Deportivo Pinarium demostra q mes a mes vaise consolidando como equipo a ter en conta no Calendario Galego de atletismo. 



José Omil Iglesias entrando en meta

Diego Gonzalez Martínez entrando en meta e agradecendo o público asistente

C.D. Pinarium Equipo mais numeroso en rematar a proba

Grandes resultados da sección de triatlon de Club Deportivo Pinarium nas Tristar de Madrid 111


Este pasado fin de semana dous integrantes de club Deportivo Pinarium participaron cun excelente resultado no Tristar de Madrid 111,  acadando un 6º posto na xeral (2º do seu grupo de edad 30-35) de Pedro Gines Blanco, e un 22º posto na xeral (8º do seu grupo de edad 35-39) de Juan Sanjorge, responsable da sección de triatlon do club. Así, podemos dicir que despois dun duro ano loitando para sacar adiante a sección de triatlon, xa empezamos a obter os bos resultados agardados, que estamos seguros que non serán os derradeiros. 


Club Deportivo Pinarium vence a XV Milla Urbana Concello de Marin en categoría Popular

O xoven integrante do club, Iago Morenza Perez, o cal está experimentando unha moi boa progresión neste final de tempada 2012, venceu a XV Milla Urbana Concello de Marin en categoria Popular Absoluta. Estamos seguros que nos dará moitas alegrías na tempada que ven.


venres, 14 de setembro de 2012

DOUS PODIUMS PARA DOUS NOVOS REFORZOS DE CLUB DEPORTIVO PINARIUM

 Dous podiums foron os acadados por dous novos fichases de Club Deportivo Pinarium, así, Jacobo Gesto, ex compoñente de Saunier Duval acadou un meritorio 4º posto absoluto na xeral da II carreira da Auga UNICEF (Sada) e 2º Senior nunha carreira na que tomaron saida máis de 600 atletas de toda Galicia e un 2º posto na xeral para Miguel Piñeiro na Carreira Virxen da Guia 2012. Así, Club Deportivo Pinarium se vai armando con novos fichases que o ano que ven esperase amosen toda a calidade que levan dentro.


2ºposto de Miguel Piñeiro no trofeo Virxen da Guía

 
2º posto Senior de Jacobo Gesto na
II Carreira da auga UNICEF (Sada)

luns, 3 de setembro de 2012

DOUS 2OS POSTOS PARA C.D PINARIUM NA CARREIRA DE +10 MARÍN- MANUEL ROSALES CON DIEGO GONZALEZ E IAGO MORENZA

Club Deportivo Pinarium foi tamén profeta na sua terra e acadou dous segundos postos na carreira +10 Marin - Manuel Rosales. O corredor Iago Morenza Pérez consegueu rebaixar a sua propia marca persoal en 10.000 e meterse así no posto 14º da xeral final (2º Xunior). Por outra banda, Diego Gonázlez Martínez, despois de dous meses e medio sen competir, para afrontar o terceiro e último pico de forma da tempada, consegueu meterse nun excelente 6º posto da xeral final (2º Senior). Con estes resultados, Club Deportivo Pinarium vaixe consolidando como club a ter en conta dentro do atletismo galego.




mércores, 9 de maio de 2012

3º POSTO SENIOR PARA DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ NO CTO. GALEGO DA MILLA EN RUTA 2012

 Na maña do Domingo 6 de Mayo tivo lugar no concello de Padrón o Campionato Galego de Milla en ruta e a milla Popular. Como non iba a ser doutro xeito, varios integrantes de C,D.Pinarium deronse cita nestas probas. Diego Gonzalez Martinez, presidente e integrante de Club Deportivo Pinarium acadou o 3º posto senior no campionato Galego e José Omil o 4º posto na milla popular despois dun moi apretado sprint no que José loitou polo 3º posto e no que  os xuices tiveron que utilizar a tecnoloxía para a decisión final. Destacar tamen os bos resultados de dous novos integrantes de C.D.Pinarium na carreira popular de Aios cun 3º  posto na categoria de veteranos de Antonio Pajariños, e un 1º posto na categoría Junior de Iago Morenza en O Pino.

mércores, 25 de abril de 2012

3º POSTO SENIOR DE DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ NA I EDICION DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE POIO

Club Deportivo Pinarium segue coa sua colleita de bos resultados nesta tempada 2012, e na maña do domingo 22 de Marzo de 2012 varios compoñentes do club deronse cita na I carreira popular concello de Poio donde Diego Gonzalez Martinez conseguiu o 3 posto da categoria senior por detrás do segundo clasificado Juan Sebastian e do vencedor da proba, o marroquí Akka Esadauqui. Destacar o meritorio 25º posto na xeral de Jose Omil, o cal está saindo dunha lesión.

xoves, 22 de marzo de 2012

Primeiro podium dunha femina absoluta para C.D Pinarium con Cristina Pidre Loira e 5º posto absoluto masculino para Diego González Martínez na XXVII carreira popular de Dena 2012

Na maña fresca do Domingo 18 de Marzo de 2012 varios integrantes de C.D.Pinarium deronse cita no concello de Meaño para percorrer os 7,930 kms da XXVII carreira popular de Dena cun circuito rompepernas que deu a C.D.Pinarium o primeiro podium femenino en categoria absoluta da corta historia desde club, o cal foi conseguido por Cristina Pidre Loira, que acadou o 2º posto.

Por outra banda, destacar o 5º posto na xeral absoluta masculina de Diego González Martínez, o cal, despois dun paron pola sua paternidade, e con so unha semana de adestramentos de calidade de cara o campeonato de España de duatlon a celebrar en Segovia en 6 semanas, non foi capaz de seguir os primeiros, pero si de demostrarse a si mesmo que non perdeu de todo o seu estado de forma. Destacar tamén boa actuación de Pedro Gines (novo no club) e Francisco García (segundo clasificado do Km Pinarium en 2011). Polo que o futuro de C.D.Pinarium parece que se augura cheo de alegrías.

xoves, 16 de febreiro de 2012

Diego González Martínez consegue o primeiro triunfo do 2012 para C.P Pinarium na IV Carreira de San Brais

Unha boa participación na xa tradicional IV Carreira de San Brais en Pontevedra onde varios corredores de C.P Pinarium deronse  cita na tarde do sábado 4 de febreiro na categoría absoluta. Cun circuito moi exisente polas súas pronunciadas costas o que había que dar 4 voltas para recorrer unha distancia de 5530metros, o corredor Diego González Martínez, aproveitando a sua condición de bo subidor, foi capaz de alzarse coa victoria. Según palabras do propio corredor "Paseino mal nas baixadas, sobre todo na derradeira volta onde o alto ritmo fixo que me descolgara uns metros pero, despois de estudiar os meus rivais nas 4 voltas, tiven claro que si lograba aguantar baixando, era na subida cara a meta onde podría xogar as miñas bazas. Asi foi,  subindo fun capaz de recuperar o perdido na baixada e a falta de 50 mts puiden facer o cambio que me deu a victoria". 

Con esta victoria C.P Pinarium estrease neste 2012 e cerra unha semana histórica para o club, despois de acadar a licencia nacional de triatlon. En próximas fechas será a presentación oficial do equipo de triatlón no concello ante os medios.¡Boa sorte a esta nove sección!

sábado, 17 de decembro de 2011

BO COMEZO DA TEMPADA 2012 PARA C.D.PINARIUM TRAS UN 3º POSTO DE DIEGO GONZALEZ MARTINEZ NA " I Carreira Solidaria Nocturna Bembrive "

Despois de varias carreiras por toda a xeografía Galega (Lestrove, Vigo + 11, Media Marathon de Pontevedra, Pedestre de Santiago, San Martiño de Ourense, San Martiño de Bueu) e menos de 2 meses de competicións nesta tempada na que os integrantes de CLUB DEPORTIVO PINARIUM estiveron representando en gran número a dito club, este fin de semana acadouse o primeiro podium da tempada na I CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE (VIGO) por parte de Diego González Martínez.
                                 
Integrantes do C.D Pinarium na pedestre de Santiago 2011

A Carreira tivo moi bo ambiente e gran participación, na que primaba o fin benéfico da mesma, que no era outro que axudar aos máis necesitados cun kg de alimento a entregar coa inscripción.

Este éxito de CLUB DEPORTIVO PINARIUM chega antes do esperado, e antes do primeiro podium acadado na tempada pasada 2011 na IV Carreira Popular Mar de Boiro, polo que a previsión para este ano augura mellores resultados.

E de destacar tamén o gran número de corredores do club que este ano están disputando o KM PINARIUM e dende a Xunta Directiva anímase a que máis xente loite polo codiciado trofeo da PINGA, que se dará o corredor que acumule máis Kms en carreiras representando a dito club.

Por outro lado, destacar que este ano se prevee crear as seccions de TRIATLÓN e DUATLÓN dentro de C.D.PINARIUM. nas que xa temos a varios integrantes entrenando, cada quen para acadar os seus obxectivos persoais e do propio club . Se queredes contactar con nos para formar parte do club en ditas disciplinas ou nas xa existentes, podedes facelo na dirección de correo diego.gonzalez@pinarium.com

Un saudo!

mércores, 28 de setembro de 2011

DIEGO GONZÁLEZ MARTÍNEZ 8º CLASIFICADO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE DUATLÓN DISPUTADO EN ESPAÑA

 O Presidente e corredor de Club Deportivo Pinarium, Diego González Martínez o cal este ano estivo en varias carreiras representando as cores do noso club antes de fichar polo Real Club Celta de Vigo de Atletismo para disputar probas de atletismo federado e polo Club Atletismo Mandarache de Cartagena para disputar o Mundial de Duatlón, acadou o 8º posto na categoría de grupos de edad nos campionatos do mundo de duatlón na modalidadde de Duatlón Sprint. É de destacar que era o seu terceiro duatlón en 3 anos, e que chegou a esta cita cunha preparación específica de tan só 8 semanas. Según declaracions do propio corredor " Tiven que pedir prestada unha bicicleta e unhas zapatillas para poder correr con garantias de non ter problemas mecánicos, pois a miña bicicleta e o material que dispoñía xa quedara obsoleto despois de deixar o mundo do ciclismo de competición facía xa 9 anos" polo que o mérito do posto acadado e maior.


¡¡¡ NORABOA DIEGO, O ANO QUE VEN A POLO CAMPIONATO DO MUNDO A DISPUTAR EN FRANCIA ¡¡¡

luns, 12 de setembro de 2011

Diego González, 2º clasificado na Milla Urbana de Bueu e 4º na cronoescalada de Breamo

A duas semanas para a disputa do campeonato do mundo de duatlon, o corredor do Club Deportivo Pinarium Diego Gonzalez Martinez ultima a súa preparación facendo muy bos postos en duas competicións. Similares polo esforzo que requiren pero distintas polo medio empregado para a súa realización, carreira a pé e bicicleta, o atleta demostra una boa forma física  para afrontar este gran reto na sua carreira deportiva., disputar o título como mellor duatleta do mundo.

¡Moita sorte Diego!

martes, 30 de agosto de 2011

Victoria de club deportivo Pinarium en Sanxenxo

O corredor integrante do Club deportivo Pinarium, Diego González Martínez, vence a milla urbana de Sanxenxo en categoria de non federados. Francisco García Soage fai o quinto posto na mesma carreira. A posta a punto para o campeonato do mundo de duatlon, que se celebrará este ano en España e na que un integrante do Club deportivo Pinarium (Diego González Martínez) participará  dentro de catro semanas, vai por bo camiño.
Xa para rematar e amosando o bo compañeirismo do club, Guillermo foi o encargado de recoller o trofeo lucir a camiseta do club no máis alto do podium.

luns, 6 de xuño de 2011

O club deportivo Pinarium consegue a sua cuarta victoria

O corredor do club deportivo Pinarium, Diego González Martínez, alzouse gañador da V Carreira Popular solidaria  Santiago 2011.

Con esta xa son catro as victorias que acada este club nesta tempada.

xoves, 26 de maio de 2011

Novo éxito do club deportivo Pinarium na X Carreira popular de Moaña

O corredor  da categoria xuvenil  Marcos Fernández Garcia, obtivo o segundo posto na  X Carreira popular de Moaña celebrada o 14 de maio de 2011.
                                       

Destacar tamén o 6º posto na proba para  Diego González Martínez na categoria xeral.  O club deportivo Pinarium esta acadando grandes resultados nesta tempada colocándose nos postos máis altos da táboa en varias ocasións.  NORABOA!

luns, 9 de maio de 2011

Club Deportivo Pinarium campión galego da I Milla Urbana popular de Padrón

O domingo 8 de maio desputouse a I Milla Urbana Popular en Padrón. Cun total de 1609 km homologados o corredor Diego González Martínez, do club deportivo Pinarium conseguiu o primeiro posto na proba.

Este e, sen dubida un bo ano para o club. No seu primeiro ano na competición , os seus corredores conseguen manterse nos primeiros postos da clasificación. Noraboa a todos!


luns, 27 de decembro de 2010

PRIMEIRO PODIUM PARA O CLUB DEPORTIVO PINARIUM

Con menos dun ano de vida e con tan só un mes de competicions, o Club Deportivo Pinarium obtivo o seu primeiro podium nesta tempada. O seu corredor, Diego González Martínez acadou o terceiro posto na VI Carreira Popular Mar de Boiro. Rubén Caamaño do clube de atletismo Sar A Poutada e Marianela Mayo, de Esteiro, foron os vencedores absolutos da carreira.
                   
Recordámoslles a todolos corredores que poden anotarse no” Km Pinarium” para ir sumando kilómetros nas competicións que participen. O corredor que obteña máis kilometros faráselle entrega dun fantástico trofeo de edición limitada coma o  gañador da PINGA-PINGA 2011. Para máis información sobre as bases pinchade en KM PINARIUM